HomePolíticaAntom Fente: "É o momento dun voto ilusionado para vencer a calumnia,...

Antom Fente: “É o momento dun voto ilusionado para vencer a calumnia, o medo e a prepotencia”

Por Chantada abriu a súa campaña no "Campo da Feira Vello" coa participación de máis de 250 persoas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Do acto de prensentación de Por Chantada participaron as persoas que levan traballando e prestando apoio dende os comezos; e ducias de caras novas interesadas en coñecer as propostas, “dunha equipa de mulleres e homes multidisciplinar e transversal, con vontade e capacidade, e cun plan para a vila adaptado ás necesidades dunha Chantada futura e con futuro.”

Juan Ramón Vázquez, nº 8 da candidatura, destacou a capacidade para “construír unha vila na que as xeracións vindeiras poidan botar raíces”; Ana Rodríguez, nº 5 da candidatura, puxo de relavancia o sector primario no municipio, “e a necesidade de actuar ante a pasividade da actual administración local”. A nº 3 da candidatura, Helena Fernández referiuse a importancia de considerar a igualdade dun xeito real e efectivo como aspecto transversal en todas as políticas que se desenvolvan a nivel local en todos os ámbitos.

O candidato á alcaldía, Antom Fente; destacaba que “o cambio que busca Por Chantada ten como prioridade absoluta o ben de todas e todos; e que é o momento dun voto intelixente, esperanzado, ilusionado para vencer calumnia, o medo, e a prepotencia”. O candidato salientaba tamén a “valía, preparación, e experiencia da súa equipa para conseguir o cambio mediante un traballo efectivo e transparente”.

Por Chantada mitin 2023 / Por Chantada

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...