HomePolítica"Unha tomadura de pelo como Pacadar", asegura o BNG de Monforte sobre...

“Unha tomadura de pelo como Pacadar”, asegura o BNG de Monforte sobre o anuncio da praia fluvial

O concelleiro nacionalista, Emilio José Sánchez, pregúntase "como é posible que o alcalde anuncie unha inversión millonaria nos medios de comunicación, e no pleno afirme que non existe proxecto algún."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo o candidato nacionalista, o anuncio do alcalde, José Tomé, “É unha tomadura de pelo. Non teño dúbidas disto”. Hai apenas unha semana, José Tomé anunciaba un investimento de máis de 5 millóns de euros para dotar a Monforte dunha praia fluvial que sería única en Galicia, ocupando unha superficie de 116.000 m2.

Emilio Sánchez critica este anuncio na antesala da campaña electoral, “Obviemos o afán megalómano e electoralista que está implícito na proposta municipal, e vaiamos ao detalle.” O candidato explica que o pasado luns, día 15, houbo pleno municipal, e o concelleiro nacionalista preguntaba ao alcalde polo expediente da praia fluvial, “ante o que o alcalde respondeu que non existía expediente, ningún.” O cabeza de lista polo BNG asegura asombrarse de “como manipula cos tempos e, como promete o que non sabe se vai poder cumprir. En palabras do propio alcalde, –a día de hoxe aínda están sen elaborar as bases para o desenvolvemento do Plan especial que permita a construción da praia–.”

Apuntan desde o BNG que os terreos son rústicos e hoxe legalmente non se pode contruír neles. Consideran que non se ten en conta a figura de Red Natura 2000, na que están incluídas as beiras do río Cabe non urbanas, “isto complicará, con moito, o desenvolvemento dun proxecto das características expostas pola proposta do alcalde. Ten medo a dicir onde quere construír a praia, por algo será. Esta historia soa a vello, soa lamentablemente a algo coñecido, a Pacadar”, conclúen.

ÚLTIMAS

Premio ao Mellor Documental para o Colexio Escolapios de Monforte nun Festival Escolar Internacional

O Real Colexio Escolapios de Monforte vén de recibir o premio ao mellor documental...

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...