HomePolíticaOs populares celebraron mítines en Chantada, Folgoso do Courel, Bóveda e O...

Os populares celebraron mítines en Chantada, Folgoso do Courel, Bóveda e O Saviñao

Responsables autonómicos do PP respaldaron nos actos desta fin semana as candidaturas do PP en Chantada, Folgoso do Courel, Bóveda e O Saviñao.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O presidente do PPdeG, Alfonso Rueda, trasladouse a Chantada para dar o seu apoio á candidatura de Manuel Varela. Destacou que “No presente mandato, o Goberno municipal de Chantada caracterizouse por ofrecer estabilidade política e responsabilidade na xestión. Se os veciños queren líderes previsibles e non coalicións imposibles, con intereses partidistas, deben votar ao Partido Popular. Pola súa banda o candidato á alcaldía aseguraba que o resto de forzas “só queren acabar coa maioría absoluta do PP” fronte a unha proposta dos populares dirixida a seguir investindo no pobo coa creación de emprego, a ampliación do polígono dos Acivros e co asentamento de novas empresas no casco urbano.”

Candidatura PP Folgoso do Courel con Conde / PP

En Folgoso do Courel, a candidata popular, Lola Castro contou co respaldo do vicepresidetne económico da Xunta, Francisco Conde que resaltou a importancia da colaboración entre administracións “para que localidades como Folgoso do Courel poidan seguir impulsando o seu sector primario, o turismo e a captación de novos investimentos que xeren oportunidades e emprego. A candidata popular lembrou que, “pese aos duros momentos vividos meses atrás a causa dos incendios forestais, sairon adiante proxectos de gran relevancia para o municipio e perfiláronse outros a executar no próximo mandato”. Sinalou entre os grandes obxectivos a construción e posta en servizo da residencia da terceira idade e asegurou que en moi breve prazo reanudaranse as obras na estrada entre Folgoso o Seoane, “paradas durante uns días pola necesidade de resolver cuestións de índole técnica.”

Candidatura PP Bóveda / PP

En Bóveda o aspirante popular a repetir na alcaldía, José Manuel Arias, contou co tamén con Francisco Conde e o titular de Medio Rural, José González, que manifestou o seu apoio a impulsar un segundo polígono agroforestal e lembrou o investimento realizado na rehabilitación do Muíño dos Fernández. José Manuel Arias, destacou na súa intervención o traballo feito nos últimos anos para fomentar a creación de emprego no municipio, utilizando para elo distintas vías, fundamentalmente a creación de solo industrial. Expuxo a súa intención de promover novo solo industrial mediante a adquisición de 90.000 metros cadrados para este fin ao pé da estrada comarcal 546, entre Bóveda e Rubián. Tamén os populares do Saviñao tiveron a presentación correspondente.

Mitin PP O Saviñao

ÚLTIMAS

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...

O Castro Art Village no Saviñao, dinamizando a cultura e o audiovisual desde o rural

O director da Axencia Galega das Industrias Culturais, Jacobo Sutil, vistou este xoves O...

Máis de 1.000 inscritos na XVI Carreira Popular do Concello de Monforte que pecha inscricións o día 21

A XVI Carreira Popular do Concello de Monforte, que se celebrará o domingo 26...