HomePolíticaO BNG de Monforte aposta por unha "zona de baño sostible" en...

O BNG de Monforte aposta por unha “zona de baño sostible” en Vilanova

O candidato nacionalista, Emilio José Sánchez, aposta por unha zona de lecer fluvial "sen intervencionismos esaxerados no medio, onde os usuarios se sintan parte do espazo."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG de Monforte de Lemos consideran “un despropósito” investir de máis de 5 millóns de euros para dotar a Monforte dunha praia fluvial “que será única en Galicia”, ocupando unha superficie de 116.000 m 2.

“Este criterio monumentalista, e moi caro de manter, máis na liña dos proxectos dos gobernos do PP, que dunha visión integradora, sensible e respectuosa co medio natural, denota o que desde hai catro anos vimos evidenciando. A falta de ideas e o desinterese deste alcalde, por dirixir ao noso concello polo camiño do compromiso coa sustentabilidade e o medio ambiente, que xa teñen asumido outros concellos”, sinalan os nacionalistas.

O BNG propón habilitar unha zona de baño en Vilanova “integrada na contorna, sostible, accesible e segura.” Lembran que o 50% da súa superficie xa é propiedade municipal, onde se inclúe a illa, a presa e unha pequena edificación, “e existindo un preacordo coa propietaria para a concesión do outro 50%.”

Consideran desde o BNG que o investimemto e o tempo para a realización sería pouco para ter unha zona de baño perfectamente habilitada, “con estruturas e equipamentos desmontables que se instalarán ao comezo da tempada e se quitarán ao final desta, recuperando así a que foi durante décadas unha tradicional zona de baño para os veciños de Monforte e coidando e protexendo ese espazo natural.”

Nesta área propoñen contar con: plataforma de madeira para facilitar a accesible de cadeiras de rodas, carriños de crianzas, etc.; servizo de socorrista, zona de baño segura e delimitada, aseos, quiosco, un espazo habilitado con mesas, bancos e papeleiras, e aparcadoiro de bicicletas.

ÚLTIMAS

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...

20 alumnos fórmanse no obradoiro de emprego Os Soutos II que comparten Láncara, Paradela e Samos

A Xunta destina 454.500 euros a financiar o obradoiro dual de emprego Os Soutos...