HomePolíticaO BNG de Monforte presenta un programa electoral en "Lectura Fácil"

O BNG de Monforte presenta un programa electoral en “Lectura Fácil”

En palabras do candidato Emilio Sánchez, “esta iniciativa é un xeito de achegara política a todas as persoas en igualdade de condicións. Ou se goberna para tod@s o non se pode gobernar para ninguén, e unha maneira de gobernar para tod@s é facérmonos entender por tod@s”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde o BNG aseguran que a participación cidadá é o máis importante en política, “Todas as
persoas deben ter acceso á información para votar en conciencia, e para iso é fundamental entender os programas electorais.”

Os nacionalistas afirman que fixeron o seu programa electoral accesible cunha versión “lectura Fácil”. “Ás persoas con diversidade funcional, as maiores, @s migrantes, ou mesmo a veciñanza con baixa comprensión lectora, teñen os mesmos dereitos que calquera outra a acceder á información, porén, é obvio que non sempre teñen as mesmas oportunidades”.

Contando coa axuda dunha persoa con titulación específica, e coa colaboración de veciñ@s con diversidade funcional, este venres presentan o programa do BNG local, neste formato. Estase levando e explicando a diversas asociacións e entidades do concello, para resolver calquera dúbida. Ademais enviarase a calquera persoa ou entidade que o solicite, tanto en formato dixital como en formato físico.

“Esta iniciativa é un xeito de achegar a política a todas as persoas en igualdade de condicións. Ou se goberna para tod@s o non se pode gobernar para ninguén, e unha maneira de gobernar para tod@s é facérmonos entender por tod@s y entender a tod@s,” conclúen.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...