HomePolíticaO PP da Pobra do Brollón denuncia que a auga da traída...

O PP da Pobra do Brollón denuncia que a auga da traída non reúne as condicións técnico sanitarias esixidas

Teddy López lembra que o abastecemento de auga é un servizo básico e atribúe á falta de xestión do alcalde que a traída non reúna as condicións necesarias para garantir a calidade do subministro cando chove moito e o río arrastra terra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Segundo os populares, 17 núcleos rurais e 13 rúas da Pobra do Brollón non poden consumir directamente a auga da traída municipal, polo menos dende o pasado día 31. “Grazas a probada incapacidade de xestión do alcalde para adoptar as medidas necesarias para garantir, como é a súa obriga, o subministro de auga potable, o que sae polas billas non é incoloro, como ten que ser a auga, senón un líquido de color marrón”, aseguran os populares.

Teddy López, lembra que o pasado día 31, o alcalde, José Luis Maceda, emitiu un bando no que sinala que a auga trae “moito lodo” polo que non é posible garantir que cumpra todos os parámetro esixidos na normativa vixente. Por elo, recomenda non usar a auga da traída sen fervela previamente durante dous ou tres minutos.

Nesta situación o portavoz popular di que “esta é unha mostra máis da falta de rigor na xestión que leva a cabo Maceda. O subministro de auga potable é unha obriga dos concellos. E para iso teñen que ter as infraestruturas necesarias para asegurar a captación, potabilización e distribución nas debidas condicións. Está claro que o alcalde da Pobra do Brollón non fixo os deberes cando tocaba facelos e agora os nosos veciños non poden beber a auga da traída”.

O portavoz popular indica que todos os usuarios do abastecemento teñen que pagar relixiosamente as cantidades correspondentes á prestación deste servizo polo Concello. Indica que, nas actuais circunstancias, o servizo non cumpre as condicións mínimas, polo que o goberno local deberá considerar a posibilidade de aplicar medidas económicas compensatorias. Avisa de que o PP seguirá ao milímetro a evolución deste problema e non deixará de reclamar que se xestionen as melloras precisas para que non se repita en canto chove en abundancia.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...