HomePolíticaConcellerías do BNG de Taboada no goberno de coalición co PSOE

Concellerías do BNG de Taboada no goberno de coalición co PSOE

Este venres, o grupo municipal do BNG, encabezado por José Portela, presentou o Acordo de Goberno alcanzado co PSdeG-PSOE encabezado polo rexedor Roi Rigueira.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No acordo para un goberno municipal de coalición detállanse as principais liñas programáticas consensuadas entre as dúas forzas, así como algunhas iniciativas inmediatas e as áreas de responsabilidade atribuídas a cada grupo. O acordo asinouse como garantía do apoio dos nacionalistas ao xa alcalde na sesión de investidura do pasado sábado.

Ambas forzas afirman a importancia do entendemento e do diálogo, interpretando que esa é a vontade expresada nas urnas o 28 de maio. O BNG de Taboada afirma o seu compromiso “por traballar, desde a autonomía de cada grupo político, como un único equipo de goberno: unido, coordinado e leal.” No acordo de goberno aseguran que consensúan un reparto de responsabilidades proporcional aos apoios recibidos nas urnas.

Así, o BNG ostentará a través de José Portela Gómez-Macías a Tenencia de Alcaldía, coas atribucións que lle son propias. Ademais, os nacionalistas faranse cargo das seguintes áreas:

  • Urbanismo, Vivenda e Solo e Educación, que corresponderá ao Tenente de Alcalde, José Portela. Terá competencias en urbanismo, PXOM, mobilidade, accesos ao núcleo urbano, limpeza das rúas, xestión do punto limpo, instalacións de lecer, parques e xardíns, centros educativos e instalacións e gardaría.
  • Cultura, deporte e medio rural, ao cargo do concelleiro Manuel Diéguez, responsable de fomento e promoción cultural, promoción do patrimonio, festas populares, feiras e mercados, arquivo municipal, memoria histórica, xestión das carpas, biblioteca, museos e equipamentos culturais, normalización lingüística, fomento e promoción do deporte, pavillón polideportivo, escolas deportivas, instalacións deportivas da Medela, piscinas e área de escalada e xestión dos camiños rurais.
  • Igualdade, benestar e sanidade, correspondente á concelleira, Patricia Conde, con competencias en sanidade, pragas, animais, controis sanitarios municipais, promoción da saúde pública, benestar social, muller e igualdade, actividades extraescolares e mocidade.

Con este Acordo, o BNG asegura que “disponse a traballar no Concello de Taboada xunto ao PSdeG- PSOE con realismo, transparencia e compromiso que lle dean un novo empuxe á política municipal, sempre ao servizo da veciñanza.”

Coalición BNG e PSOE en Taboada / BNG de Taboada

ÚLTIMAS

FEARS celebra asemblea e rexeita a instalación de plantas de biogás na Ribeira Sacra

Na asemblea fíxose balance do labor feito neste pasado 2024, analizando os aspectos que...

Chantada quere Sanidade denuncia a “situación de asfixia” do Hospital Comarcal de Monforte

Segundo a Plataforma, "esta sobrecarga de traballo no Hospital pon en evidencia a rixidez...

Casa da Cultura de Chantada: actividades e cambio de horario

A Casa da Cultura de Chantada varía os horarios dos distintos servizos que acolle...

Péchase ao tráfico o Paseo do Malecón de Monforte para preparar o Festival do Viño

O Festival do Viño de Ribeira Sacra de Monforte celebrará do 4 ó 6...