HomePolíticaPor Chantada pide ao concello que se axilece o rozado das gabias

Por Chantada pide ao concello que se axilece o rozado das gabias

Lembran desde Por Chantada que este ano a Deputación ou a Xunta xa comezaron a rozadura das gabias, mais o Concello "pero nas estradas municipais vaise con atraso o que dificulta o tránsito pola invasión da maleza e a perda de visibilidade das estradas favorecendo colisións e sustos na estradas que son evitábeis."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran desde Por Chantada que “ao estaren sen facer as gabias das estradas é perigoso, pois nesas estradas e pistas non existen beirarrúas nin sendas peonís, o ancho é menor que noutras vías e é habitual o tránsito de animais domésticos polo que aumenta a perigosidade.”

Insisten nos valados de protección, importantes para evitar saídas de vías e pídenlle ao Goberno municipal que se esforce por coidar un gálibo de 5 metros nas súas estradas “a fin de que maquinaria, autobuses e camións poidan transitar sen perigo, pois as tarefas de poda de arborado deixando libres 5 metros de altura en todo o ancho da vía son unha materia pendente en Chantada tal como no seu día se defendeu através dunha moción sobre as estradas de coberta vexetal (ECV).”

Lembra Por Chantada que hai aínda varias estradas e pistas, que precisaban arranxos urxentes por parte das diferentes administracións, e lamentan que non se teña creado a comisión de infraestruturas que se aprobara en Pleno a instancias de Por Chantada. A este respeecto agardan que a Deputación revise a sinaléctica nos diferentes lugares para ter unha velocidade axeitada e instalar pasos de peóns nalgúns puntos das estradas da súa titularidade.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...