HomePolíticaO PP de Monforte asegura que "a praia fluvial anunciada por Tomé...

O PP de Monforte asegura que “a praia fluvial anunciada por Tomé foi un acto de propaganda electoral”

O anuncio feito polo alcalde de Monforte, o socialista José Tomé, en vésperas das pasadas eleccións municipais, para a creación dunha praia fluvial, foi un acto de propaganda, segundo os populares. Así o entende a portavoz popular, Katy Varela, á vista da resposta dada polo goberno municipal á súa demanda de acceso ao expediente tramitado para a creación desta praia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O PP de Monforte de Lemos solicitou dúas veces a documentación do expediente da praia fluvial ao concello de Monforte. Coa última solicitude, os populares aseguran que o alcalde sinalou que “non existe tal expediente porque as actuacións realizadas por esta alcaldía, das que se informou á cidadanía, polos medios de comunicación, son actuacións preparatorias que, ata este momento, non deron lugar a iniciación dun procedemento administrativo”.

“Este escrito de resposta á nosa solicitude indícanos claramente que foi outro acto de propaganda do alcalde, que ademais, bordeando a ilegalidade, fixo un anuncio de campaña utilizando as instalacións municipais. O peor é que enganou aos cidadáns de Monforte facéndolles crer que tiña todo preparado para crear unha praia fluvial, cando realmente non hai nada, so ideas na súa cabeza”, afirma Varela.

Os populares demandan máis transparencia coa cidadanía e insisten en que o goberno municipal debería atender outras prioridades, “Monforte ten un claro problema coa auga que incide no seu saneamento e o primordial é solucionalo para poder gozar despois desas zonas de baño tan desexadas entre os cidadáns”.

ÚLTIMAS

En marcha o Ciclo de Concertos de grupos monfortinos

Este ciclo foi unha das principais novidades do Programa de Verán de 2022, e...

Outeiro, o Mazo e Soldón, en perigo, no lume descontrolado que ameaza o Courel

A Serra do Courel, unha das xoias ecolóxicas de Galicia, volve a estar en...

20.000 hectáreas levan ardidas co incendio que comezou en Larouco o día 13

Cos datos provisionais que ofrece este 19 de agosto a Consellería de Medio Rural,...