HomePolíticaBarreiro e outros candidatos populares reúnense en Monforte: “O abandono desta provincia...

Barreiro e outros candidatos populares reúnense en Monforte: “O abandono desta provincia polo Goberno socialista de Sánchez é evidente nas comunicacións por estrada e ferrocarril”

O cabeza de lista ao Senado, José Manuel Barreiro, xunto a outros candidatos populares, alcaldes e portavoces mantiveron un encontro para abordar as necesidades da zona sur en canto a infraestruturas

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

José Manuel Barreiro indicou, neste encontro na estación do tren da cidade do Cabe, que “en materia de infraestruturas o Goberno socialista deixa un regueiro de incumprimentos dos compromisos adquiridos, o que crea serias dificultades tanto de accesibilidade como de competitividade.”

En relación ás comunicacións por estrada referiuse á A-76, asegurou que “o PP vén demandando do Goberno central insistentemente dende todos os ámbitos institucionais o desbloqueo e execución da autovía entre Ponferrada-Ourense, como peza fundamental para a mellora da vertebración das provincias de Lugo e Ourense e destas coa Meseta.”

Tamén puxo de exemplo a N-120, unha infraestrutura estratéxica para as comunicacións do sur da provincia coa zona de Valdeorras, “pero que ten o firme en mal estado e para a que o PP ten demandado unha mellora integral que inclúa un terceiro carril que permita mellorar tamén a seguridade viaria”. Nese sentido, Barreiro lembrou que a mellora desta vía provocou reiteradas iniciativas dos representantes populares nos distintos ámbitos, “En febreiro deste ano o Parlamento Galego aprobou por unanimidade unha proposición non de lei do Grupo Popular para solicitar ao Goberno de España a reparación urxente da N-120.”

Con respecto á situación ferroviaria na provincia e que afecta á estación de Monforte de Lemos, asegurou que “o Goberno de Sánchez non repuxo a totalidade dos servizos reducidos pola pandemia e que o PP ten demandando unha nova conexión con Ourense a primeira hora da mañá que permita, ademais, chegar a Madrid antes do mediodía”. Barreiro condena que “o Goberno de Sánchez rexeitase a construción das variantes (Os Peares-Canabal e Rubián) que quedaron programadas polo Goberno de Rajoy e que permitirían reducir o tempo de viaxe a Ourense e a Lugo. As obras que ten en marcha o Ministerio non permitirán a chegada da alta velocidade á provincia porque a velocidade máxima que permitirá a vía será de 160 km/h”.

ÚLTIMAS

Doc Magoo’s: 25 anos de Rock and Roll

A banda de rocanrol Doc Magoo's percorreu un longo camiño desde os seus inicios...

Este 7 de xullo péchase a zona de xogos do Parque da Compañía

A primeira hora da mañá deste luns, 7 de xullo, procederase á realización de...

A campaña ‘Merca no teu comercio’ chega á Comarca de Quiroga

'Merca no teu comercio' chega aos concellos de Quiroga, Ribas de Sil e Folgoso...

Extinguido o incendio de Monforte que afectou a Seoane e San Xiao de Tor

A Consellería do Medio Rural deu por extinguido un incendio no municipio de Monforte...