HomePolíticaIxQ, PSOE e BNG reparten responsabilidades no goberno de Quiroga

IxQ, PSOE e BNG reparten responsabilidades no goberno de Quiroga

Mediante Decreto da Alcaldía nomeáronse 3 tenentes de alcaldía: 1º Tenente de Alcalde: Vicente Parra Vizcaíno, 2º Tenente de Alcalde: Xosé Manuel Fernández Montes, 3º Tenente de Alcalde: Luis Manuel Arias González.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A recentemente conformada corporación municipal celebrou esta semana unha sesión plenaria extraordinaria para aprobar a súa organización. A orde do día comezaba coa constitución dos Grupos Políticos da Corporación Municipal e a súa dotación económica, que mantén as cantidades fixadas no orzamento municipal: unha cantidade fixa de 3.000€ anuais por grupo e unha cantidade variable de 180 € mensuais por concelleiro.

Fixouse a periodicidade das sesións ordinarias do Pleno da Corporación que será cada dous meses, o último venres de cada mes ás 13:00h. Creouse a Comisión Informativa Especial de Contas, que actuará ademais como Comisión Informativa de Facenda e que estará presidida polo alcalde e composta por 2 concelleiros do PP, 1 de IXQ, 1 do PSOE e 1 do BNG.

As contías fixadas por asistencias a Plenos, Xuntas de Goberno, Comisión Informativas e Comisión de Delegados quedaron fixadas en 150 € por cada unha delas. Aprobouse unha dedicación parcial para a Concellería do Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventude, da que se encargará Luis Manuel Arias. Establécense 25 horas semanais retribuídas con 1.193’90 € netos.

Deuse conta dos decretos da alcaldía relativos ao nomeamento de Tenentes de Alcalde, dos membros da Xunta de Goberno Local e as Delegacións por áreas e servizos. A Xunta de Goberno Local que se reunirá os venres estará presidida polo alcalde, José Luis Rivera Castro cos tres tenentes de alcaldía

Na sesión plenaria establecéronse as seguintes delegacións:

  • Educación, Infancia, Igualdade e Comunicación, para María Teresa Pérez Grao
  • Emprego, Deportes e Piscinas para Antonio Marcos Prieto
  • Medio Rural, Medio Ambiente, Emerxencias e Xuventurde, para Luis Manuel Arias González
  • Urbanismo, Obras e Servizos Básicos, Cultura, Festexos, Eventos e GDR para José Luís Rivera Castro.
  • Turismo, Comercio, Promoción Económica, Emprendemento, Xeoparque e Ribeira Sacra, para Vicente Parra Vizcaíno
  • E Servizos Sociais, Centro de Día, Centro Social, Centro de Atención Temperá, Participación Cidadán e Dinamización Lingüística, para Xosé Manuel Fernández Montes.

ÚLTIMAS

O BNG levará ao pleno provincial a demanda de mellora das infraestruturas e da xestión do regadío do Val de Lemos

O BNG buscará o acordo do pleno provincial para reclamar á Confederación Hidrográfica, ao...

A A.V. do Saviñao fala de “agravio comparativo” entre concellos na estrada provincial de Currelos a Monforte

A A.V. do Saviñao demanda á Deputación Provincial a mellora de dúas estradas en...

Esperta Monforte solicita a creación dunha Unidade de Atención Temperá Municipal

Desde Esperta Monforte lembran as subvencións que concede a Xunta para este tipo de...

DeNinghures e Mondra no escenario Chantada do Festival 17º Ribeira Sacra este 28 de xullo

Os concertos do Escenario Chantada levaranse a cabo no Parque Eloísa Rivadulla, “en Chantada...