HomePolíticaUn ano despois do incendio no Courel "e non se aprendeu nada",...

Un ano despois do incendio no Courel “e non se aprendeu nada”, di Courel Vivo

Este 14 de xullo fixo un ano do que foi o lume máis grande de Galicia e que afectou á Serra do Courel, calcinando case o 60% do territorio. Un lume de sexta xeración que estivo activo durante 14 días na serra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo lembra que naqueles días, veciños e brigadistas sacaron o mellor que tiñan para que a traxedia non fose aínda peor do que xa foi. E, a pesar do esforzo, non se puideron salvar casas, aldeas e gran parte do territorio que rematou calcinado. “Tras vivir algo así, nada do que se faga chegará a reparar o dano causado. 12 meses despois daquel inferno as promesas das administracións so chegaron aos titulares da prensa. Poucas axudas foron as que serviron para paliar os danos e ningunha para previr que ocorra unha catástrofe semellante,” sinalan.

Courel Vivo cre que as administracións fixérono mal na extinción e na prevención, houbo descordinación, abandono dos voluntarios… e agora case todos esqueceron e perdoaron o acontecido, “despois dun ano non se aprendeu nada. Se ese lume chegase de novo, volveríase repetir exactamente a mesma situación. Os tanques de auga seguen baleiros por non ter arranxada a captación. Con que se apaga o lume, se non hai onde cargar auga?”.

Técnicos de Lourizán. Foto: Xunta de Galicia

A estes antecedentes, Courel Vivo, suma seguir sen unha brigada estable no Courel durante todo o ano, “Só contamos con 2 brigadistas da Xunta e non hai carroceta todo o ano, non dispoñemos de brigadas de apoio, unicamente as brigadas que convoca o concello cada ano. Por que non se reforzan as brigadas da Xunta para que nunha das zonas de maior biodiversidade e máis afastada do distrito forestal VIII – Terra de Lemos estean de maneira continua?”.

Lembran que se aos lumes de sexta xeración lle sumamos o calor extremo, ausencia de zonas para carga de auga, cada vez máis combustible preto das aldeas, carencia de brigadistas da Xunta na zona, escaso desbroces de faixas…, “Non vale botar as mans á cabeza cando pase, vale esixirlles as administracións que cumpran co que se precisa. Pero claro igual as administracións están noutra cousa, non en protexer a nosa biodiversidade e as nosas aldeas.” Conclúe Courel Vivo, “Non debemos esquecer que os lumes apáganse no inverno.”

Cartel de entrada a Folgoso do Courel afectado o incendio.. Carlos Castro – Europa Press | Fonte: Europa Press

ÚLTIMAS

Triacastela celebra a súa XIV Feira de Artesanía e produtos locais

O Concello de Triacastela organiza unha nova edición da súa 'Feira de Artesanía e...

Aviso sobre posibles cortes de auga na Pobra do Brollón

O Concello da Pobra do Brollón vén de facer un comunicado público no que...

Exitosa presentación da curta ‘Cara de cona’ en Sober

A curtametraxe 'Cara de cona', con moi boas críticas e recoñecementos en festivais nos...

Julio Ferrín o ‘Recanteiro froiteiro’ do Luar

Julio Ferrín naceu na Ribeira, en Quiroga, e tras vivir uns anos en Arteixo...