HomePolíticaO PSOE de Chantada pide a cobertura dos postos do PAC e...

O PSOE de Chantada pide a cobertura dos postos do PAC e a ampliación da HADO

Instan a que se pida a dotación dun segundo equipo para o PAC e consideran necesario que se reclame a ampliación do servizo de HADO vencellado ao hospital de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación socialista de Chantada presenta unha moción na que pide ó alcalde que defenda a saúde dos veciños e veciñas mediante reclamación ante a Consellería de Sanidade para que se cubran os postos de persoal do Centro de Saúde.

As peticións xa foron cursadas polos socialistas o pasado mes de xuño mediante escritos remitidos ó Conselleiro de Sanidade, D. Julio García Comesaña; e o Xerente da Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte; D. Ramón Ares Rico. “Agora pedimos que o alcalde e o seu grupo de goberno se sumen a esta solicitude e que o fagan de modo activo”, reclaman os socialistas.

Insisten en que “é especialmente necesario conquerir o servizo de HADO (hospitalización a domicilio) para todos os doentes pero sobre todo aqueles que, por desgraza, precisan atención especializada de maneira frecuente ou crónica e que, no noso concello. Os datos avalan a utilidade e necesidade da hospitalización a domicilio para o coidado de certos pacientes. Estímase que anualmente se realizan dende o hospital de Monforte arredor de 1.000 visitas médicas, 2.500 de enfermaría e 500 consultas de atención telefónica con este servizo.”

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...