HomePolíticaO PP de Monforte sae ao paso das críticas do alcalde sobre...

O PP de Monforte sae ao paso das críticas do alcalde sobre a falta de apoio da Xunta

O equipo de Goberno de Monforte remataba a pasada semana denunciando "a estratexia de discriminación da Xunta para que o alcalde teña todos os impedimentos posibles para a boa xestión da cidade." Aseguraban que así quedaba de manifesto nas declaracións dun concelleiro popular no último pleno.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Agora os populares aseguran que as declaracións feitas no pleno non teñen o sentido que lles dá o equipo de goberno, “que en ningún momento falaron en nome da Xunta e que se está sacando de contexto a intervención do pleno, engandindo descualificacións cara á portavoz do PP de Monforte”. Katy Varela asegura que cumpren a súa obriga como oposición e que “ningún dos improperios recibidos evitará que sigamos denunciando as mentiras e imcumprimentos do equipo de goberno”.

A este respecto aseguran que seguirán vixiantes co estado do Río Cabe e coa situación do abastecemento e saneamento da cidade. Amosan tamén o seu malestar pola “constante estratexia de culpar á Xunta de Galicia dos seus problemas de xestión como é o caso de non pedir as axudas públicas para aumentar as prazas de gardería ou para a creación da unidade da atención temperá.”

Cualifican o acontecido no último pleno de “patético argumentario victimista culpando á administración autonómica das carencias que manifesta este alcalde en xestión cando se trata doutras cousas que non sexan luces e cemento.”

Segundo o PP, a Xunta leva investido nos últimos catro anos 35 millóns de euros en Monforte e pídenlle al alcalde “que deixe de entrar en batallas estériles que aos cidadáns non lle interesan e que se preocupe de solucionar o problema da auga e dos servizos sociais en Monforte.”

ÚLTIMAS

Máis dun cento de persoas asisten á proxección de Reboiras en Monforte

Ao remate da proxección tivo lugar un coloquio no que interviron dous militantes da...

Tomé inaugura o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte coa participación de 3O adegas

Aproveitando a súa intervención, Tomé anunciou que a Deputación Provincial asinará en breve un...

Remátase o muro de sostemento en Gradín para garantir a seguridade viaria en Láncara

Os traballos consistiron na execución dun novo muro de sostemento e na renovación da...

O Concello de Chantada reforza a sinalización turística do Monte Faro

Os novos sinais instalados, mencionan a igrexa de Santiago de Requeixo, a ermida de...