HomePolíticaCastiga a Xunta a Monforte para eclipsar os éxitos de Tomé?

Castiga a Xunta a Monforte para eclipsar os éxitos de Tomé?

O Equipo de Goberno de Monforte de Lemos denuncia "a estratexia de castigo e discriminación da Xunta de Galicia aos veciños e veciñas de Monforte, coa intención de que o Alcalde, D. José Tomé Roca, teña todos os impedimentos posibles, para a boa xestión da cidade."

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Asegura o equipo de goberno monfortino que así se desprende da argumentación feita no Pleno do pasado 31 de xullo, por un dos concelleiros do Partido Popular ao referirse á distribución de orzamentos que fai a Xunta de Galicia entre os concellos, ”sería do xénero tonto darlle ao Ayuntamiento desde o PP, para facer as mellores festas nun Ayuntamiento do PSOE porque despois a medalla vaina poñer vostede”.

Entenden así que a Xunta non aporta axudas a Monforte, “co único propósito de perxudicar ao Goberno Municipal, tratando de impedir que o alcalde consiga mais éxitos na súa xestión, dos acadados ata agora, só por ser do PSOE.” Para o rexedor as declaracións do concelleiro popular constantan o que leva denunciando durante anos de que Monforte sofre unha discriminación no reparto de orzamentos da Xunta de Galicia.

“Levamos anos reivindicando a necesidade de rematar o Porto Seco, dereito non recoñecido pola Xunta que se mantén impasible ante as peticións do Equipo de Goberno. O mesmo, podemos dicir da creación dunha escola infantil pública, tan demandada polos monfortinos e que é responsabilidade da Xunta. Chantada, Pantón, Taboada, Quiroga… teñen galiña azul e Monforte non. Convócanse axudas con nocturnidade e alevosía comezando o prazo ás 12 da noite que curiosamente se esgotan 5 ou 10 minutos despois de aberto, sen que se aclare como uns Concellos teñen acceso a esa información mentres outros non”, denuncian desde o equipo de goberno.

Aseguran que a xestión de Augas de Galicia tamén castiga a Monforte “sen retornar un só euro do recadado aos nosos veciños do canon da auga”, e suman o abandono da sanidade. Consideran que hai que pedirlle responsabilidades á voceira popular, Katy Varela “por permitir que un Concelleiro do seu equipo comentara algo tan grave nunha sesión plenaria” e trasladarán ao Presidente da Xunta as manifestacións ao respecto do Partido Popular de Monforte para pedirlle explicacións.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...