HomePolíticaOs socialistas de Chantada reclaman aumentar o servizo de limpeza no verán

Os socialistas de Chantada reclaman aumentar o servizo de limpeza no verán

O PSdeG-PSOE de Chantada urxe ó Concello a tomar as medidas necesarias para limpar a fondo espazos públicos como rúas e beirarrúas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Aseguran os socialistas que durante a época de verán, a poboación na vila do Asma multiplícase coa chegada de turistas, o que se une a unhas condicións climatolóxicas (máis calor) que requiren unha frecuencia de limpeza maior. “Os veciños e veciñas trasládannos a súa preocupación polo estado dalgunhas beirarrúas, cheas por exemplo de excrementos de paxaros”, apuntan os socialistas preocupados pola imaxe de deixadez que transmite a falta de limpeza ós turistas e polos problemas de salubridade que causa.

Dende o PSOE chantadino trasladan a necesidade de levar a cabo as tarefas de limpeza necesarias, “sen esquecer así mesmo un tratamento racional da auga que sempre se debe de manter, máis aínda na época de seca na que estamos”. Noutros concellos, para tarefas de limpeza emprégase auga non potable, para non malgastar as reservas hídricas da auga apta para o consumo.

ÚLTIMAS

A segunda fase da mellora da LU-651 entre Folgoso e Seoane, un dos principais investimentos da Xunta no 2026, aseguran os populares

A deputada do Grupo Popular no Parlamento de Galicia visitaba o municipio xunto á...

Xanela colabora nun módulo de FP do I.E.S. Val do Asma de Chantada

O pasado 29 de outubro o director de Xanela, Iñaki Castiñeira, foi de visita...

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...