HomePolíticaO PP de Monforte pide concienciación e vixilancia da circulación con patinetes...

O PP de Monforte pide concienciación e vixilancia da circulación con patinetes en zonas peonís

En agosto de 2021 publicouse no BOP de Lugo a modificación da ordenanza de tráfico de Monforte na que se prohibe o uso destes vehículos de mobilidade persoal en zonas peonís, pero esta actualización da normativa non consta no espazo de ordenanzas e regulamentos da sede electrónica municipal.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Partido Popular de Monforte de Lemos asegura que está a recibir cada vez máis queixas dos veciños polos inconvenientes do continuo uso de patíns, patines e monopatíns nas zonas peonís, condutas que poden resultar perigosas para persoas mais vulnerables ou con problemas de mobilidade.

A voceira popular, Katy Varela, destaca que debido a este tipo de situacións pedirán no vindeiro pleno que o concello de Monforte leve a cabo unha campaña de concienciación e vixilancia da circulación dos enxeños mecánicos definidos na ordenanza de Tráfico nas zonas peonís. “Consideramos que é preciso concienciar á poboación dos riscos que entraña circular con este tipo de vehículos en zonas non autorizadas a tal fin, algo para o que o goberno local debe actualizar, á maior brevidade posible, a ordenanza de tráfico coas modificacións introducidas no ano 2021”, indicou.

En agosto de 2021 publicouse no BOP de Lugo a redacción definitiva das modificacións levadas a cabo na ordenanza de tráfico de Monforte, na que destaca precisamente o artigo 38 en relación a este tipo de aparellos de mobilidade persoal e doutros tipos de enxeños mecánicos:

Artigo 38.- Circulación de aparellos de mobilidade persoal e doutros tipos de enxeños mecánicos.

1. Considerásense como tales aos enxeños mecánicos sen motor e aos de motor eléctrico como os patines eléctricos de calquera tipo, segways, e análogos, debidamente homologados e autorizados conforme á normativa vixente así como todos os que teñan a consideración legal de vehículos de mobilidade persoal. Exceptúanse os de uso infantil ou que podan ser considerados como xoguetes.

2. Os que utilicen monopatíns, patíns ou aparellos similares non poderán circular pola calzada nin polos espazos e rúas peonís, salvo que se trate de zonas, vías o partes de estas que lles estean especialmente destinadas, e só poderán circular a paso de persoa polas beirarrúas o polas rúas residenciais debidamente sinalizadas, sin que en ningún caso se permita que sexan arrastrados por outros vehículos. No seu tránsito deberán acomodar a súa marcha á dos peóns, evitando en todo momento causar molestias ou crear perigo e en ningún caso gozarán de prioridade respecto dos peóns.

3. Todos os aparellos de mobilidade persoal e outros tipos de enxeños mecánicos que non sexan monopatíns, patíns ou aparellos similares, circularán polos espazos especificamente a elas destinados ou autorizados e cando estes non existan, obrigatoriamente pola calzada. Non poderán circular pola beirarrúa nin por rúas e espazos peonis e no seu tránsito deberán respectar a totalidade da sinalización que lles afecte así como calquera norma de comportamento na circulación e uso da vía prevista na normativa en materia de tráfico, circulación de vehículos e seguridade viaria.

4. Ademais da prohibición anterior, tampouco poderán circular polas vías que teñan a consideración de travesías nin polas vías interurbanas e autopistas e autovías que transcorran dentro de poboado, así como polos túneles urbanos.

5. Con estes aparellos de mobilidade persoal e enxeños mecánicos non se pode circular sobre o mobiliario urbano, tales como bancos, varandas ou similares, nin sendo arrastrados por outros vehículos.

Katy Varela explica que hoxe en día moitos usuarios deste tipo de vehículos de mobilidade persoal segue a circular por zonas peonís sen reparar si existen aglomeracións ou non, ou si se se conserva ese metro de espazo que esixe a norma.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...