InicioPolíticaImpulso para a plantación de oliveiras na zona de Quiroga

Impulso para a plantación de oliveiras na zona de Quiroga

Con esta iniciativa preténdese poñer en valor a produción do aceite na zona.

Publicado o

- Advertisement -

O conselleiro do Medio Rural e o alcalde de Quiroga, Julio Álvarez, reunironse en Santiago para falar sobre a posta en valor da produción de aceite neste concello e a mobilización de terras para a plantación de oliveiras.

Nesta zona levan anos mirando pola recuperación do cultivo das oliveiras e apostando polo sector dado o potencial económico que ten. Actualmente hai poucas empresas que se dediquen profesionalmente e moitos particulares estanse sumando ao cultivo; nuns casos para autoconsumo e produción artesanal e noutros para a posterior venda da oliva a produtores que comercializan aceite.

Dende o propio concello tense rexistrada unha marca para protexer o aceite de Quiroga e realízase dende hai 18 anos a “Mostra do Aceite” en Bendilló para promocionalo e poñelo en valor. Ademais do anterior, tamén se está elaborando un censo do oliveiral dende a Consellería de Medio Rural para ter un punto de partida en canto ao número de oliveiras en produción na zona.

outros temas tratados

Tamén avaliaron o convenio asinado recentemente entre a Consellería e o Concello para o acondicionamento e humanización dos espazos públicos rurais de Pacios de Mondelo e A Ribeira, que suporá un investimento de case 35.500 euros.

Este documento enmárcase na liña de proxectos senlleiros impulsados a través da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader).

ÚLTIMAS

18.000 persoas pasaron pola Oficina municipal de Turismo de Monforte no 2023

Segundo os datos obtidos nas dependencias turísticas xestionadas polo Concello, no 2023 obtivéronse as...

O PP concéntrase na N-540 esixindo o seu arranxo

Desde o PP aseguran que apoian "as reivindicacións dos veciños de todos os concellos...

Dispositivo da Deputación de Lugo para afrontar as nevadas da fin de semana

A Deputación de Lugo está a traballar nas máis de 70 estradas provinciais afectadas...

Jonas Vingegaard, gañador da segunda etapa de ‘O Gran Camiño’

Corredores de once dos mellores equipos internacionais, con figuras como Jonas Vingegaard, Egán Bernal,...