HomePolíticaO PSOE de Bóveda reclama solucións aos problemas de desbordamentos na...

O PSOE de Bóveda reclama solucións aos problemas de desbordamentos na rede de saneamento

Segundo os socialistas, a veciñanza está cansa dos malos cheiros ao pé das súas vivendas, “son insoportables e non teñen porque vivir así, as augas fecais entran nas súas casas e nos baixos dos edificios, incluso nas hortas, o que pode ser un gran problema para a saúde”, detalla Carmen Macía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A agrupación do PSdeG en Bóveda denuncia o mal estado que presenta a rede de saneamento municipal, sobre todo nos núcleos rurais. A voceira municipal socialista, Carmen Macía, úrxelle ao alcalde a que actúe e dea solucións: “ten que apostar por renovar este servizo básico que leva moitos anos en mal estado e é moi vello, pero non fai nada por arranxar este problema.”

“Os veciños e veciñas están continuamente sufrindo problemas de desbordamentos da rede. A situación xa pasa de preocupante en Eimer, na parroquia de San Fiz de Rubián, onde sofren desbordamentos e a saturación das tubaxes de maneira continua. O mesmo ocorre en San Cristovo de Guntín, que as augas fecais discorren, incluso, ao aire libre”, asegura Macía.

A voceira socialista segue denunciando a falta de recollida de lixo no municipio, “Nas parroquias os contedores están moi cheos, polo que urxe que se axilice o servizo para evitar os problemas e os prexuízos que esta situación lle provoca á veciñanza da localidade. Os contedores que menos se recollen son os amarelos, que presentan bolsas do lixo amontoadas no chan porque xa superaron a súa capacidade.”

Contedores Bóveda / PSOE de Bóveda

ÚLTIMAS

A asociación ‘Chantada contra o cancro’ anima a inscribirse na súa andaina solidaria

Conta atrás para a andaina solidaria que organiza dende hai 5 anos a 'Asociación...

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...