HomePolíticaO PP de Monforte leva a pleno instar ao Goberno central a...

O PP de Monforte leva a pleno instar ao Goberno central a cumprir a financiación da Lei de Dependencia

O PP de Monforte defenderá no pleno do luns unha iniciativa para que o Concello inste ao Goberno central a cumprir co 50% de financiamento dos servizos de dependencia que estipula a Lei 39/2006, moción que tamén se presentou no Parlamento de Galicia a través da portavoz de Política Social, Raquel Arias.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Lembran desde a Agrupación Municipal do PP que teñen denunciado nos últimos meses a longa lista de agarda que hai no Concello de Monforte para recibir o Servizo de Axuda no Fogar (SAF). Insisten en que as administracións deben colaborar, “non facer como o goberno local de Monforte que presume de aumentar o orzamento que destinan a este servizo en 50.000€, pero os cartos son cofinanciados entre a Xunta de Galicia e as aportacións dos usuarios”.

Este incremento na partida orzamentaria que se destina ao SAF permitirá reducir a lista de agarda nunhas 10 ou 15 persoas, pero consideran os populares que non é suficiente, “Apoiamos a medida de solicitar máis horas á Xunta de Galicia xa que a lista de agarda neste municipio sempre está en torno ás cen persoas”.

Katy Varela denuncia “o dobre raseiro de medir do goberno de José Tomé, xa que esquece as obrigas do Goberno do Estado mentres afirma sen rubor que o financiamento desde a Xunta de Galicia para este servizo non é suficiente, polo que din que non amplían o número de horas”.

ÚLTIMAS

Preséntase o cartel e o programa de actos das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón

Da presentación das XXXVII Xornadas da Rota do Románico de Pantón encargáronse o alcalde...

Inaugúrase no Viveiro dos Trollos unha senda divulgativa da riqueza forestal de Galicia

A conselleira do Medio Rural, María José Gómez,  acompañada pola directora xeral de Planificación...

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...