HomePolíticaO BNG de Monforte defenderá en pleno a exención do ICIO para...

O BNG de Monforte defenderá en pleno a exención do ICIO para instalacións solares de autoconsumo

Moitos concellos teñen unha bonificación do ICIO de entre o 30 e o 95%, o BNG cre que a medida deberíase implantar en Monforte como incentivo á instalación desta fonte de enerxía limpa e alternativa. Por iso instan ao goberno municipal a que bonifique as instalación de sistemas de aproveitamento de enerxía solar para autoconsumos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O autoconsumo fotovoltaico é un dos elementos principais dentro do cambio de modelo enerxético que se quere impulsar no Estado. Coa retirada do “imposto solar”, e a redución de trabas legais e administrativas que dificultaban o dereito a producir a nosa propia enerxía, sen taxas de autoconsumo e recoñecéndose as compensacións por excedentes e autoconsumo compartido, “pódense xerar beneficios económicos a longo prazo para os nosos veciños, ao reducir as súas facturas enerxéticas e aumentar a autosuficiencia
enerxética limpa,” apuntan desde o BNG.

Consideran que a exención do ICIO para instalacións solares en tellados non é só unha medida responsable co medio ambiente, senón tamén un investimento no futuro sostible do concello. Destacan que o Estado ratificou diversas directivas europeas que establecen a obriga de implicar ao consumidor no propio sistema eléctrico, pasando de ser un elemento pasivo que recibe un servizo e paga por el, a un elemento que forma parte activa , xerando a súa propia electricidade para autoconsumila ou incorporala á rede eléctrica.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...