HomePolíticaO BNG de Pantón considera que a subida do IBI débese á...

O BNG de Pantón considera que a subida do IBI débese á mala xestión do goberno

O equipo de goberno de Pantón aprobou en pleno a subida do IBI para todas as vivendas do municipio, o que supón "un incremento de ingresos nas arcas municipais de entre 40.000€ e 45.000€ nunha anualidade", sinalan desde o BNG.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Denuncian dende o BNG de Pantón, “que se non hai cartos, e moitos autónomos que prestaron servizos ao concello están sen cobrar, desde o equipo de goberno se aumenten os salarios e as liberacións de dúas das tenentes de alcalde nun 25%, e a asistencias do propio alcalde e do outro tenente de alcalde ás Xuntas de Goberno ata 450€”. Segundo os nacionalistas coa suma destes importes, “non terían que subirnos a contribución a toda a veciñanza, e poderían bonificarnos a primeira vivenda e as instalacións con actividade forestal , algo ao que se negou sempre o este goberno municipal“.

“O que é máis lamentable da actual situación de Panton, é a soberbia e a impunidade coa que a alcaldía trata de condonar licenzas e agasallar solares a empresas privadas e de fóra, mentres aumenta a carga fiscal a quen vivimos sempre aquí”, critican que o teñan feito despois dunhas eleccións municipais nas que non o anunciou, o que consideran fraude electoral. RosAna Prieto Florines, portavoz municipal do BNG de Pantón abonda na cuestión reivindicando unha vella petición do BNG que é a planificación para lograr unha xestión eficaz e lóxica dos recursos públicos.

“Esta medida é o froito da falta de planificación e de proxecto para o noso concello, imos aos chimpos: así seguimos sen servizos básicos, con problemas interminables e continuos na rede de augas e de saneamento onde a hai, e eles seguen ao seu comprando solares e prometendo augas e residencias que non acaban de se materializar. O único no que hai eficiencia neste goberno municipal é en subirnos tributos todos e aumentar os salarios e dietas do equipo de goberno”, conclúen desde o BNG

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...