HomePolíticaO concello de Pantón volve a cobrar o IBI que cobraba no...

O concello de Pantón volve a cobrar o IBI que cobraba no 2016

O equipo de goberno do concello de Pantón aprobaba no último pleno, recuperar o plan impositivo do 2016. Lembra o alcalde, José Luis Álvarez, que daquela fíxose unha revisión catastral pola que se cobraron 4 anos con carácter retroactivo, “ante esta medida que supuña un importante desembolso para os veciños, o equipo de goberno decidía rebaixar o IBI ao 0,49 para non engadir máis cargas á veciñanza.”

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As administracións locais necesitan recadar cartos para poder desenvolver as súas funcións, dúas das vías para facelo son o IBI e a valoración catastral. Concellos como Pantón, Bóveda, A Pobra do Brollón ou Chantada teñen unha valoración catastral baixa ao corresponder ao ano 1989. “Incluso subindo o IBI ao 0,55 como fixemos en Pantón, seguimos sendo o concello da zona sur que menos paga de IBI tendo unha valoración catastral do 89”, destaca o alcalde e insiste na volta a unha normalidade, despois de ter un IBI moi baixo, “Non se entende que a oposición proteste por esta cuestión, volvemos ao que tiñamos antes e non representa ningún perxuizo, cando nos concellos nos que gobernan BNG e PSOE cóbrase un IBI superior ao que cobra Pantón. Concellos como Sober poden baixar a base impositiva porque teñen unha valoración catastral do 2020”.

A Pobra do Bollón, Monforte de Lemos, Ribas de Sil ou Quiroga teñen un IBI de máis do 0,60, polo que o alcalde non entende a esixencia con Pantón, “Sorpréndeme a falta de respecto que teñen os grupos da oposición cos alcaldes dos concellos da contorna onde están gobernando. Non vexo porque motivo se lle reclama a Pantón, cado seguimos sendo o concello co valor impositivo máis baixo. Non hai conherencia na oposición. Todos os concellos necesitan recadar sen perxudicar ás persoas”.

Despois destes anos en que a administración local recadou menos do habitual, faise necesario nivelar as contas para axudar á economía do propio concello. O incremento rolda os 25€ ao ano por veciño polo que José Luis Álvarez non entende que isto leve a que o BNG ataque ao soldo das dúas concelleiras que teñen dedicación parcial, “Teñen un soldo por cumprir co seu traballo como encargadas de asuntos sociais e turismo. Veñen todos os días a traballar e é sorprendente que unha señora que gaña tanto como as dúas xuntas se atreva a criticar o que cobran unhas concelleiras que teñen o seu cometido”.

José Luis Álvarez pídelle tamén ao PSOE que non se preocupe por un tema no que Pantón é o concello que menos recada e lembra que “hai 2 anos que asinamos o convenio da residencia coa Deputación e aínda non sabemos nada. Se queren preocuparse polo concello ocúpense de solucionar estas cousas.”

ÚLTIMAS

Un ferido nun accidente de tráfico na LU-109 en Monforte de Lemos

Un condutor resultou ferido este sábado en Monforte de Lemos ao impactar contra unha árbore o...

O IES A Pinguela participou nas ‘Rutas Científicas, Artísticas e Literarias’ do Ministerio de Educación

23 alumnos de 2º ESO A+B do IES A Pinguela remataron a súa participación...

‘Marida Maio’ ten que ampliar o aforo na súa 2ª convocatoria

As xornadas enogastroturísticas da Ribeira Sacra, coñecidas como Marida Maio, celebraron este pasado xoves...

Adxudicada a mellora de 6 estradas provinciais en Chantada

A Xunta de Goberno aprobou a adxudicación, á empresa Fevisa Vías y Obras, da...