HomePolíticaRepresentarán ao PP na Fegamp, alcaldes e alcaldesas do Incio, O Saviñao,...

Representarán ao PP na Fegamp, alcaldes e alcaldesas do Incio, O Saviñao, Folgoso do Courel e Rábade

As entidades locais gobernadas polo Partido Popular na provincia de Lugo estarán representadas na Federación Galega de Municipios e Provincias para o mandato 2023-2027 por dúas alcaldesas e outros tantos alcaldes. Son os seguintes: Remedios González (Rábade), Lola Castro (Folgoso do Courel), Héctor Corujo (O Incio) e Carlos Armesto (O Saviñao).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os representantes lucenses no consello federal da Fegamp foron elixidos no decurso da XI Asemblea Ordinaria da entidade, celebrada en Santiago de Compostela e na que se constituíron os órganos directivos desta entidade para o novo período.

Héctor Corujo, que ademais ocupa o posto de vicepresidente e en nome dos seus compañeiros, agradeceu a oportunidade que se lles brinda “para representar aos concellos lucenses na defensa dos seus intereses e da veciñanza, así como tamén para facer as súas achegas ás iniciativas da Xunta de Galicia en materia lexislativa”. Tal é así que para o popular estes nomeamentos reflicten e poñen en valor “o peso que o rural ten para o PPdeG”.

Corujo quixo destacar que a colaboración entre administracións é esencial “se queremos que os nosos concellos podan ofrecer servizos de calidade para fixar poboación”, por iso expresou o seu desexo de que este novo mandato da Fegamp “permita ofrecer solucións ás demandas de toda a  cidadanía, e non como desgraciadamente estamos a ver con privilexios entre territorios por puros intereses partidistas”.

ÚLTIMAS

O sector do Porco Celta ante a ameaza da peste porcina africana

A peste porcina africana (PPA), sen ter chegado aínda a moitos territorios, está a...

O pleno de Monforte vota este luns a dimisión de Tomé como alcalde

O pleno de Monforte de Lemos debaterá este luns a dimisión de José Tomé...

Tres proxectos da Deputación de Lugo potenciaron este 2025 o turismo sostible

A Deputación de Lugo potenciou este 2025 os encoros, o románico e as viaxes...

Oferta teatral para esta tarde en Taboada e Quiroga

O Concello de Taboada organiza na tarde deste domingo 28 de decembro unha obra...