HomePolíticaIGV decide na VI Asemblea tecer acordos electorais no interior de Lugo...

IGV decide na VI Asemblea tecer acordos electorais no interior de Lugo e Ourense “para rematar coa hexemonía do PP”

Interior Galego Vivo acorda dirixirse ás forzas progresistas galegas para, sobre a base dun programa centrado nas necesidades do rural, contribuír ao cambio político dende o interior galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Interior Galego Vivo celebrou a súa VIª Asemblea no Casino de Chantada, á que acudiron representantes de todas as asembleas locais que conforman Interior Galego Vivo e na que participaron colectivos e persoas de candidaturas municipalistas de toda Galicia.

Por unanimidade refrendouse a proposta de artellar un acordo amplo sobre un programa común de defensa do rural e dos servizos públicos en todo o territorio que garanta que ningún voto se perde en Lugo ou Ourense para acadar o necesario cambio político en Galicia.

IGV considera que o momento é vital para poder dar prioridade ao territorio e acabar coas desigualdades, “o axustado resultado das diferentes eleccións esíxenos audacia e diálogo permanente con outras opcións que permitan artellar acordos amplos para avanzar en direitos e mellorar a calidade de vida das nosas poboacións”, aseguran.

Consideran desde IGV que as eleccións autonómicas e europeas son citas decisivas para o interior, “só desde a unidade de acción e formulando unha fronte cívica con tradución no plano eleitoral nas provincias de Lugo e Ourense pódese rachar coa hexemonía e a rede clientelar do PP; doutra banda. É urxente actuar no nível da UE que está ao servizo das grandes finanzas centroeuropeas e compromete o despregue de calquera alternativa que non pase pola desvalorización interna e o aumento do foxo da desigualdade”. Apostan por unha Europa de cooperación dos pobos que se asente na loita contra a mudanza climática dende unha perspectiva social e cívica e por unha internacional rural que leve a súa voz a todas as instituciós.

Interior Galego Vivo asegura que traballarán para tecer unha rede de alianzas, “desde a riqueza interna, a audacia, humildade e transversalidade, principios inspiradores desde sempre do tecido social das nosas parroquias. Porque máis rural e máis comunidade son necesarios para unha Humanidade mellor que aposte pola paz e a resolución pacífica dos conflitos.” Deste xeito, IGV coordinará con outros colectivos e candidaturas municipalistas das provincias atlánticas e dirixirase ás forzas políticas progresistas de Galicia.

ÚLTIMAS

Delia González, unha filla da emigración galega a Arxentina con raíces en Pantón

Encarnación verbalizaba as palabras mentres súa nora, Flora, escribíaas na mesma cociña, ao carón...

Convócase o Concurso de deseño de carteis das Festas Patronais de Monforte

O Concello de Monforte convoca o XX Concurso de deseño de carteis das Festas...

Excarcerado tras saírse da vía e caer por un terraplén en Sober

Tal como informa o 112 Galicia, os feitos ocorreron sobre as 23.00 horas no...

O PP pedirá no pleno un plan de mellora das zonas de ocio

A voceira popular, Katy Varela, explica que, pese a que son numerosas as zonas...