HomePolíticaQuiroga demanda no 25N que as violencias machistas non teñan cabida

Quiroga demanda no 25N que as violencias machistas non teñan cabida

Unha concentración diante da casa consistorial poñía de manifesto a repulsa do Concello de Quiroga contra todo tipo de violencia machista. Entre os actos organizados por esta causa tamén se atopaba un obradoiro que se desenvolvía o venres no CEIP de Quiroga; e a charla informativa sobre as agresións sexuais e a violencia sexual que se desenvolverá o luns no IES de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Co fin de fomentar unha convivencia baseada no respecto e na igualdade a área de igualdade do concello convocaba a concentración do 25N en Quiroga, na que a concelleira de Educación e Igualdade, Mayte Pérez Grao, desexaba “que nun futuro non haxa que conmemorar ningún 25 de novembro, colocándonos todos e todas baixo o mesmo paraugas contra a violencia machista”.

Dende o Concello de Quiroga amosábase así “o rexeitamento máis unánime contra a violencia contra as mulleres en calquera das súas manifestacións, non admitindo ningún tipo de xustificación. Facendo un sólido compromiso para seguir traballando na erradicación de todas as formas de violencia machista e avogando por políticas activas para construír unha sociedade máis xusta  e segura para todas as persoas, con independencia do seu xénero”. Mayte Pérez Grao tamén pedía enerxicamente que “entre todos e todas fagamos unha Quiroga na que este tipo de conductas non teñan cabida”

A concentración remataba cun minuto de silencia polas 1.237 mulleres que foron asasinadas  en España dende o ano 2003, 52 delas neste 2023, deixando a 49 nenos e nenas orfos.

 

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...