HomesociedadeFAC-USO denuncia que Monforte ignore no proceso selectivo de TAX ao seu...

FAC-USO denuncia que Monforte ignore no proceso selectivo de TAX ao seu responsable de Administración Local en Galicia

A Federación de Atención á Cidadanía da Unión Sindical Obreira en Galicia (FAC-USO Galicia) denuncia que Monforte de Lemos ignorou, no proceso selectivo para unha praza interina de Técnico de Administración Xeral (TAX), ao seu responsable de Administración Local en Galicia.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello de Monforte convocaba o 13 de outubro a praza de TAX concedendo un prazo de 10 días hábiles para xuntar instancias. Desde FAC-USO aseguran que o seu representante pagou as taxas e rexistrouse telemáticamente, segundo as bases da convocatoria para despois asistir á concentración dos bombeiros dos parques comarcais diante da Deputación da Coruña.

O 3 deste mes o concello de Monforte de Lemos publicaba, nun primeiro anuncio, a listaxe definitiva de admitidos na que non figuraba excluído ningún aspirante e posteriormente o nomeamento do Tribunal. FAC USO amosa a súa estrañeza porque o seu representante non aparece na lista de admitidos, nin na de excluídos, “Non queremos pensar que a omisión do responsable de Administración Local de USO Galicia sexa debida a que, como responsable dese sector, defenda os dereitos dos seus compañeiros e afiliados: xa sexa denunciando que Monforte de Lemos non teña delegado os procesos selectivos da Policía Local na Academia Galega de Seguridade Pública (AGASP) ou apoiando e secundado as protestas dos bombeiros dos parques comarcais de Galicia.”

Desde FAC-USO demanda que, o máis axiña posible, o concello dea explicacións públicas e asuma as responsabilidades correspondentes. Pide ademais que proceda á revisión de oficio do proceso selectivo.

ÚLTIMAS

O Pazo de Tor acolle este 13 de xullo o I Encontro de Boas Iniciativas Culturais

O Museo Pazo de Tor da Rede Museística Provincial e localizado en Monforte, acollerá...

Casa Moreiras e Viña Vella, mellores tinto e branco do 2025 na Cata de viños da Ribeira Sacra

O acto contou coa presenza da conselleira do Medio Rural, María José Gómez, quen...

A Noite Meiga de Sarria estréase como ‘Festa de Interese Turístico de Galicia’

A Xunta de Galicia vén de anunciar que apoia a Noite Meiga de Sarria,...

II Festival dos Colados en Bolmente, Sober

Bolmente, no Concello de Sober, repite o seu Festival dos Colados, unha iniciativa que...