HomePolíticaA sinalización do cruce do Reguengo mellorarase a instancias do BNG

A sinalización do cruce do Reguengo mellorarase a instancias do BNG

O BNG de Pantón levaba tempo pedindo a corrección das sinalizacións no “Cruce do Reguengo”, do C.G. 2.1. na incorporación ao corredor dirección Monforte.

Publicado o

POR
redaccion
- Advertisement -

O BNG de Pantón vén de recibir resposta da Consellaría de Infraestruturas e Mobilidade para reformular a sinalización do C.G. 2.1. na incorporación ao corredor dirección Monforte desde o “cruce do reguengo” onde aínda existe unha sinalización que indica como vía principal cara Monforte a estrada Lu-617 derivando á xente ao Alto de Moreda, “O que escapa á lóxica para a que foi construído o corredor, ademais de obrigar ao visitante a unha volta absurda e cunha incorporación nunha curva con alta sinistralidade cando esa era a estrada principal de uso” lembran os nacionalistas de Pantón, promotores da iniciativa rexistrada hai semanas pola Deputada, Carme Aira.

O BNG insiste na importancia, nun destino turístico de calidade, da sinalización correcta unificando a cartelería en coordinación coas diferentes administracións, “estes pequenos cambios son os que melloran a vida da xente e axudan a un desenvolvemento turístico ordenado, xa que son os establecementos de restauración e hospedería os que subsanan estes erros coas súas explicacións diarias”, destaca Rosana Prieto Florines.

Nesta liña, o BNG de Pantón está enviando peticións ás diferentes administracións, para que nese cruce que é parte do Camiño de Inverno, tamén se ordene a sinalización nas estradas provinciais LU-P-4112, LU-P-3204 e LU-P-4106, así como a información que se ofrece dos establecementos privados que dan servizo nesta zona.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...