HomePolíticaOs resultados electorais do PP monfortino decantan a balanza a favor de...

Os resultados electorais do PP monfortino decantan a balanza a favor de Roberto Eireos

Nos últimos días a actualidade política de Monforte centrouse en quen sería o candidato do PP ás eleccións de maio, despois de que ao nome da potavoz municipal, Julia Barreira, se sumase o do empresario Roberto Eireos.

Publicado o

- Advertisement -

Nesta situación, a dirección provincial do Partido Popular de Lugo reuniuse co Grupo Municipal Popular de Monforte para aclarar os pasos seguidos para conformar unha candidatura no concello de Monforte cara ás vindeiras eleccións municipais,.

Segundo informan desde o PP provincial, comezouse a valorar unha candidatura encabezada por Roberto Eireos, concelleiro popular en Pantón e coñecido empresario en Monforte, tendo en conta os resultados electorais e pola información que lle fixo chegar a veciñanza de Monforte.

Roberto Eireos. Fonte: R.E.

Afirman desde o PP que respaldan o traballo do Grupo Municipal do PP de Monforte e recoñecen a dedicación o empeño da voceira municipal e deputada autonómica, Julia Rodríguez. Nese sentido, aseguran que seguirán a traballar xuntos para representar ao PP e defender os intereses de Monforte desde a corporación municipal.

ÚLTIMAS

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...

O PP esixe o arranxo urxente da LU-P-4112 en Pantón para garantir a seguridade do transporte escolar

Os deputados do Grupo Provincial Popular advirten a PSOE e BNG, tralo anuncio de...