HomePolíticaIGV seguirá traballando por "un acordo amplo para reverter as políticas do...

IGV seguirá traballando por “un acordo amplo para reverter as políticas do PP”

Esta fin de semana, Interior Galego Vivo (IGV) convocaba encontro no casino de Chantada, acompañados de Por Chantada para falar do sector primario, de PAC, de sanidade e servizos públicos, de cultura... tendo como centro as provincias de Lugo e Ourense.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Con representantes da sociedade civil, gandeiras, sanitarias, actrices,…e da política, analizaron as propostas programáticas para o interior rural galego e puxéronse sobre a mesa medidas alternativas, no que a organización considerou unha “xornada moi enriquecedora.”

Desde Interior Galego Vivo inciden novamente na necesidade dun acordo amplo que permita “que en Lugo e Ourense non se perdan votos para poder mudar o goberno da Xunta. A urxencia é total porque o rural desaparece e a demotanasia avanza no medio da mercantilización das vidas e dos territorios.”

Consideran que aínda están a tempo de unirse e emprazan novamente a Sumar Galicia, BNG e PSOE a que establezan canles de diálogo para ese acordo amplo sobre un programa común. IGV comprométese a tentar manter xuntanzas con todos os grupos “trasladando cuestións programáticas e a necesidade de unidade para reverter as políticas predatorias do PP e conseguir a mudanza que permita avanzarmos como país”, conclúen.

Interior Galego Vivo reunión Chantada / IGV

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...