HomePolíticaO 21 de decembro Monforte e Barcelona concéntranse ás 13:00 para recuperar...

O 21 de decembro Monforte e Barcelona concéntranse ás 13:00 para recuperar os trens nocturnos

O BNG nas comarcas do Sur de Lugo organiza esta convocatoria simultánea para darlle visibilidade ao desmantelamento ferroviario nas comarcas do interior galego.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Unión Europea e numerosos Estados membros están a potenciar o tren como medio de transporte prioritario, por ser un dos medios de transporte máis sustentables e ecolóxicos, de maneira especial o de longas distancias. Sen embargo en España, coa escusa da pandemia, Renfe suprimiu moitos trens nocturnos, “o que manca de maneira especial á sociedade galega que perde as conexións dos trens nocturnos que unían Galiza con Madrid e Barcelona, porque xa suprimiran antes o que viña de Irún con quen tamén reclamamos a conexión, e que nos levaría a Francia onde se están a fomentar os trens nocturnos”, sinalan desde o BNG.

Para os nacionalistas, esta política de recortes é especialmente daniña para as comarcas do sur de Galiza onde o FF.CC. foi e é un elemento dinamizador no social e no económico, e actúa como elemento vertebrador do territorio que axuda ao desenvolmento demográfico e turístico.

E lembran que existe un compromiso de RENFE, asinado no ano 2021 para a recuperación progresiva dos servizos suprimidos pola pandemia, que non se cumpriu, “é de vital importancia recuperar os trens hoteis e as paradas que foron suprimidas, e que precisamos como auga de maio en toda a liña que une Monforte con Ponferrada”, recorda a responsable comarcal do BNG, Rosana Prieto Florines.

O BNG considera que é de xustiza e hai recursos para tomar esta medida, por iso piden a recuperación dos servizos ferroviarios nocturnos, “desde Monforte de Lemos, Capital Ferroviaria de Galiza, e desde Barcelona-Sants destino de milleiros de emigrantes galegos”. Fan un chamamento masivo a todas as persoas, sectores, asociacións, sindicatos, comunidades galegas en Catalunya e comercio local monfotino a participar da concentración deste 21 de decembro na estación de tren de Monforte e na estación de Sants, “porque recuperar a vida da nosa estación e recuperar vida para todosMonforte non pode perder máis trens”, conclúen desde o BNG.

ÚLTIMAS

O Quiroga Trail Challenge ‘reinvéntase’

Despois dun agosto fatídico para parte das montañas do Concello de Quiroga por mor...

A Xunta resposta a Tomé sobre a acollida de migrantes no centro de Monforte: “Se demostrou ser solidario debería dar as grazas”

A conselleira de Política Social, Fabiola García, replicou ao alcalde de Monforte e presidente...

Monforte prepárase para o San Mateo

A mesa de seguridade para a celebración do San Mateo estableceu tamén a circulación...