HomePolíticaJavier Arias reúnese coa AIE Ribeira Sacra Next e visita Oviganic Ibérica

Javier Arias reúnese coa AIE Ribeira Sacra Next e visita Oviganic Ibérica

Arias felicitou á Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra Next polo paso dado e animounos a mostrarse unidos e fortes, xa que baixo un mesmo paraugas poderán afrontar intereses, problemáticas e retos futuros comúns.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, reuniuse este venres con representantes da Agrupación de Interese Económico Ribeira Sacra, creada no ano 2023 co fin de promover intereses comúns para o sur da provincia e que agrupa ata o momento a máis de 60 iniciativas económicas de sectores como o viño a través das adegas, turismo rural, gastronomía, comercio, informática, avogacía, comunicación, calzado, servizos para o sector primario, enxeñería, cafeterías, hoteis, organización de actos, asesorías, educación, viaxes, atención sociosanitaria, ademais de polígonos industriais e colectivos como os centros comerciais urbanos ou asociacións empresariais de carácter municipal

O delegado aproveitou para informar das últimas convocatorias de axudas que están actualmente abertas, como as publicadas esta semana, Galicia Exporta Dixital, Galicia Exporta Empresas ou a de Galicia Exporta Organismos Intermedios, para a execución de accións de promoción exterior conxunta das empresas galegas. Tamén acompañaron ao delegado persoal do polo de emprendemento que a Xunta ten en Monforte e un consultor dos networkings que o Igape organiza por todo o territorio para incentivar a innovación.

Oviganic Ibérica visita Arias

Javier Arias visitou tamén visitou as instalacións de Oviganic Ibérica en Monforte de Lemos, onde destacou a aposta da empresa por xerar valor engadido ás producións das explotacións gandeiras da zona, en especial ás do sector lácteo. Coñeceu o resultado da ampliación desta entidade para implantar novas liñas de fabricación con leite de cabra e ovella, ademais do de vaca e reiterou a necesidade de seguir apostando polos procesos de transformación.

A visita a esta empresa que dá emprego a case un cento de traballadores, facíase coincidindo coa publicación no DOG da convocatoria de axudas da Consellería do Medio Rural para financiar investimentos en transformación e comercialización de produtos agrarios. O orzamento total é de 30 millóns de euros. 

O obxectivo destas axudas é incentivar os investimentos en activos fixos materiais para a creación, ampliación e modernización das instalacións situadas en Galicia destinadas á transformación e comercialización de produtos agrarios. O prazo de presentación de solicitudes para subvencións desta convocatoria será dun mes contado a partir deste luns.

ÚLTIMAS

Extinguido este domingo o incendio que comezou o 15 de setembro en Quiroga

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal iniciado o martes,...

Viaxe promocional e institucional do tren Galaico Expreso entre Ourense e San Clodio-Quiroga

A viaxe promocional e institucional que promove o MUFERGA partirá este luns 28 de...

O PP esixe explicacións a Tomé sobre os convenios coa CHMS

Os representantes do PP lucense nas Cortes Xerais do Estado advirten dunha “elevada suma...

265.000€ para que 12 concellos lucenses adquiran vehículos e maquinaria para a prevención de incendios forestais

O delegado territorial de Lugo, Alfonso Villares, explicou que o Diario Oficial de Galicia...