HomePolíticaO PP denuncia en Carballedo "o perigo da rede de estradas provinciais...

O PP denuncia en Carballedo “o perigo da rede de estradas provinciais e estatais”

Os deputados do Grupo Provincial Popular seguen a visitar todos os concellos da provincia e no Concello de Carballedo comprobaron que “os seus veciños, lamentablemente, viven a mesma realidade que a maior parte dos municipios da provincia”, xa que as vías de titularidade provincial neste concello están nun estado “lamentable”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, comprobou o estado das estradas de titularidade provincial no Concello de Carballedo, xunto ao seu alcalde, Julio Yebra, que explicou que “hai moitos anos que a Deputación de Lugo non amaña nin un so dos danos que presentan as estradas que son da súa propiedade ao seu paso por este municipio”.

Un dos exemplos máis claros é a LU-P-1005 Trasar – Rañadoiro ata o límite provincial na que “o asfalto está a desaparecer, quedando a maior parte da zona de rodadura nas capas inferiores, con terra e pedras soltas, supoñendo un verdadeiro perigo a circulación”.

Antonio Ameijide lamenta a “nula preocupación” de Tomé por manter en bo estado as vías de titularidade provincial, recordando que “foi un goberno do Partido Popular, con moitos menos medios, o que creou a rede viaria da Deputación de Lugo, sendo os gobernos socialistas, con moitos máis medios, incapaces de mantela en mínimas condicións de seguridade”, ao que engade que “queda claro cales son as preocupacións de Tomé, axudar aos seus amigos e promocionar as carreiras políticas dos seus afíns, deixando o esquecemento aos veciños que precisan que a Deputación se preocupe das súas obrigas e as  cumpra”.

Outros exemplos de vías provinciais en mal estado no Concello de Carballedo son a LU-P-1002 A Barrela – Esmoriz – A Tilleira, a LU-P-1003 Cartelos ata o límite coa provincia de Ourense, a LU-P-1004 Castro – Temes – Os Peares ou a LU-P-1007 Santa Cristina – Pereiro.

Ameijide tamén pon como exemplo de boa xestión e preocupación cos veciños do alcalde deste municipio, “comprobamos como as estradas que son responsabilidade do concello están en condicións moito mellores que as da Deputación, no que é un exemplo de boa xestión, dando prioridade ás peticións dos veciños que precisan de vías de comunicación en bo estado para desprazarse con seguridade”.

Antonio Ameijide tamén destaca o “nefasto” estado de conservación da N-540 que serve aos veciños de Carballedo para desprazarse cara Lugo e Ourense. “A realidade é que é un verdadeiro perigo que xa se denunciou en numerosas ocasións sen que o Goberno central se preocupe polo seu mantemento, como tampouco se preocupa José Tomé de reclamar o seu arranxo”, dixo.

ÚLTIMAS

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...

O Xeoparque programa unha actividade que inclúe sendeirismo, visitas guiadas e degustacións gastronómicas

Este sábado 23 de novembro está programada a terceira actividade do 'Ciclo Outono Xeolóxico'...

Comezan as obras para rematar o paseo fluvial entre a Ponte Nova e a Gardaría Municipal de Monforte

O alcalde de Monforte, José Tomé Roca, anunciou este mércores un novo proxecto de...