HomePolíticaO BNG leva ao Parlamento reforzar a atención primaria en Bóveda

O BNG leva ao Parlamento reforzar a atención primaria en Bóveda

A Plataforma en Defensa da Sanidade Pública da comarca de Monforte tiña presentado unha moción ao respecto para defender no Pleno de Bóveda, moción que non se tratou.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Ao non tratarse o tema en pleno municipal, os nacionalistas rexistraron unha iniciativa no mesmo sentido no Parlamento de Galicia, “A esta situación chégase por non ter previsión, e querer facer da sanidade outro nicho de votos”, afean dende o BNG de Bóveda, que din non entender “como se pode xogar así coa saúde da xente”.

O BNG considera que a existencia de dous centros médicos dificulta o traballo dos facultativos, “Na orixe da falta de atención médica en Bóveda está a peculiaridade de que no municipio existen hoxe dous centros de saúde, cando hai anos só había un”. Dende o BNG de Bóveda cren que hai que sumar esforzos desde o local para lograr a cobertura do servizo de Primaria para todos as persoas do municipio.

O voceiro municipal do BNG en Bóveda, Javier Castro, lamenta que desde o concello “non se dea unha oportunidade á vontade construtiva da oposición; teriamos que buscar todos o mesmo, a cobertura total de médicos no municipio”.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...