HomePolíticaAmeijide visita as estradas provincias da Pobra do Brollón e acusa a...

Ameijide visita as estradas provincias da Pobra do Brollón e acusa a Tomé de “poñer en risco a seguridade dos lucenses”

Os deputados populares, Antonio Ameijide e Luis Fernández, comprobaron o “terrible estado” no que se atopan as estradas provinciais na Pobra do Brollón xunto ao voceiro popular neste municipio, Teddy López.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O voceiro popular, Antonio Ameijide, afirma que Tomé “non pode alegar descoñecemento, hai 6 meses que lle advertimos publicamente e de xeito oficial nunha iniciativa presentada ante o pleno da Deputación sobre a situación destas estradas provinciais, pero nada fixeron a sabendas do risco e da situación”. Dende o Grupo Provincial Popular inciden todas as semanas na necesidade de realizar un plan de mantemento das estradas da Deputación, comezando por aquelas que presentan un maior deterioro.

Entre as estradas que revisaron os populares están a LU-P-4701 (da Pobra do Brollón a Folgoso do Courel) e a LU-P-4710 (de Salcedo á Estación da Pobra de Brollón) nas que as fochancas xa provocaron accidentes. “A realidade é que nestas estradas os baches son máis grandes que os coches, con iso xa queda todo dito. Tomé é o principal responsable de poñer en perigo a todos os lucenses da provincia ao negarse reiteradamente a realizar o mantemento da rede viaria provincial”, asegura Ameijide.

O voceiro popular critica a “pouca seriedade e falta de empatía” de Tomé que “mentres ten as estradas en perfectas condicións no seu municipio, condena aos demais a xogarse a súa integridade física circulando por estradas sen mantemento”.

“Na Pobra do Brollón nin ter un alcalde dun partido que forma parte do bigoberno da Deputación de Lugo serve aos seus veciños para ter as estradas en boas condicións, exemplo máis do municipalismo de amiguetes de Tomé, que unicamente coida aos seus amigos”, conclúe o popular.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...