HomePolíticaMedio milleiro de persoas reclaman ante a Deputación o arranxo das estradas...

Medio milleiro de persoas reclaman ante a Deputación o arranxo das estradas provinciais

O voceiro provincial, Antonio Ameijide, agradeceu a asistencia das persoas que se concentraron ante a Deputación "para dicirlle alto e claro a José Tomé que ten abandonadas as estradas dos 67 concellos da provincia, xa que non só se trata dunha molestia constante e de avarías nos vehículos, se non que se trata dun perigo real para a integridade dos condutores”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Máis de medio milleiro de persoas demandaron este martes diante da Deputación de Lugo o arranxo das estradas provinciais nos 67 concellos da provincia debido “ao perigo que supón circular por elas despois de anos de abandono no seu mantemento”.

Ameijide recorda que “é unha irresponsabilidade por parte de José Tomé” ter a rede viaria provincial “abandonada” xa que ten a obriga de preocuparse pola situación das estradas provinciais “en lugar de destinar os fondos da Deputación a pagar as carreiras políticas do PSOE e do BNG mentres todo sufrimos a nefasta situación que amosan todas as estradas provinciais”.

“Dicímoslle a Tomé e ao BNG que xa está ben de ter abandonados os municipios de Lugo, que precisan unhas estradas dignas. O partido socialista pensa que a Deputación é o seu cortixo privado para repartir cartos entre afíns mentres desatende as estradas provinciais e as súas competencias propias”, sentenciou.

O deputado provincial, José Ángel Santos, defendeu durante o pleno unha iniciativa para que a Deputación de Lugo proceda a realizar un plan de arranxo das estradas provincias, en base a criterios obxectivos, ademais de consignar máis orzamento para este fin, proposta que PSOE e BNG rexeitaron.

ÚLTIMAS

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...

Cousas Xacobeas: O Camiño na parroquia de Meixente: Mouzós e O Sisto (I)

Esta parroquia aparece denominada na Idade Media como “Castelo”, nome que perdura no topónimo referenciado perto do...