HomePolíticaTomé pon en valor con Grande Marlaska os proxectos da nova Comisaría...

Tomé pon en valor con Grande Marlaska os proxectos da nova Comisaría de Policía de Monforte e da renovación do Cuartel da Gardia Civil

José Tomé, Alcalde de Monforte de Lemos e Presidente da Deputación, mantivo este domingo na cidade do Cabe un encontro polo 18-F co Ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, ao que agradeceu o "esforzo inversor para sacar adiante dotacións tan importantes para a capital da Ribeira Sacra".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As obras da nova Comisaría, que se situará nun edificio cedido polo Concello na Avenida de Galicia, foron licitadas polo Ministerio do Interior e neste momento atópanse en fase de contratación por un orzamento de 4.695.000 euros. “Con este proxecto, o Concello e o Goberno de España desbloquearon unha situación enquistada, pola que a Policía Nacional ocupaba instalacións do ano 1992 que presentaban actualmente numerosas deficiencias”, destacan desde o concello.

En canto á renovación do Cuartel da Garda Civil, o Ministerio vén de adxudicar as obras e este mesmo luns terá lugar unha reunión entre a empresa adxudicataria e a Garda Civil na comandancia de Lugo para falar sobre o inicio da obra. O investimento supera os 2,4 millóns de euros, e as actuacións consisten na mellora da eficiencia enerxética e a renovación das instalacións.

O Secretario Xeral do PSdeG na provincia destacou estes proxectos como exemplo do “compromiso e da capacidade de xestión que sempre demostramos os socialistas cando gobernamos”, e chamou a mobilizar o voto nas eleccións autonómicas para que “poidamos trasladar tamén á Xunta de Galicia con Besteiro todo este impulso en infraestruturas e servizos, acabando con 15 anos de inacción e incompetencia, durante os que o Partido Popular, primeiro con Feijóo e logo con Rueda, nos tivo completamente abandonados”.

Nestes sentido, José Tomé lembrou que o PP ten “incompleto e paralizado o Porto Seco dende hai 10 anos; nunca contemplou o desdobramento integral do corredor ata Monforte; e precarizou a Atención Primaria na cidade ata o punto de que hoxe temos menos da metade dos médicos de familia que deberíamos ter”.

Un abandono que Besteiro superará, destacou, “dándolle a Monforte e a toda a provincia o protagonismo inversor que necesitamos para avanzar, para mellorar a calidade de vida da xente, dinamizar a economía e crear emprego, aproveitando todos os recursos e potencial que temos”.

ÚLTIMAS

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...

O PP de Monforte reclama ao pleno unha zona de baño pública para este verán

Dende o PP de Monforte insisten na necesidade de ofrecer unha alternativa gratuíta de...

‘CARNABAR’, a nova e festeira ocorrencia do ‘Colectivo Vermut’

"Entroido en movemento" ou "Roteiro de Entroido", así se podería definir o CARNABAR, unha...

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...