HomePolíticaOs populares de Ribas de Sil piden sinalización axeitada no derrubamento da...

Os populares de Ribas de Sil piden sinalización axeitada no derrubamento da estrada das Pozas

Os populares inciden na importancia de habilitar canto antes un acceso seguro para os veciños e os servizos que poidan necesitar como poden ser os de emerxencias e, incluso, para aqueles que “transcorren a diario pola zona como son as traballadoras de axuda no fogar”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Os concelleiros populares de Ribas de Sil fanse eco das queixas dos veciños pola situación de inseguridade na estrada municipal que comunica o lugar das Pozas, tras sufrir o derrubamento da marxe inferior, e piden ao goberno local socialista “facer as xestións oportunas para garantir a seguridade e que tanto os propios veciños coma o persoal doutros servizos poidan acceder á zona”.

O portavoz, José Rodríguez, explica que, “Agora mesmo a zona conta cunhas vallas e unha cinta; pero primeiro cremos que se debe estudar a situación e garantir que se poida empregar a estrada en condicións de seguridade. E tamén que se sinalice como é debido: advertindo previamente de cal é o perigo e, incluso, informando de rutas alternativas”.

E despois destas primeiras actuacións, os populares urxen a “facer as xestións oportunas para levar a cabo os traballos de reparación ou para habilitar un acceso seguro pola zona”.

ÚLTIMAS

3ª edición de ‘Brincadeira’, o festival que recupera o ‘brindo’ na Pobra do Brollón

Brindadeira xurdiu no ano 2023 como parte dunha iniciativa do goberno municipal para recuperar...

75.000€ para mellorar a Praza Luis García Arias en Chantada

Esta praza reformárase hai 15 anos co bipartito para crear un espazo complementario aos...

Quiroga presenta as actuacións das festas de verán que se celebrarán do 7 ao 11 de agosto

As festas do xoves abriranse cun concerto do grupo local, Mario Colomán & The...

O PP de Ribas de Sil denuncia que non se convocan os plenos cada dous meses

Os concelleiros do PP de Ribas de Sil denuncian que o alcalde está a...