HomePolíticaOlalla Rodil anuncia en Samos un novo modelo "que permita unha vellez...

Olalla Rodil anuncia en Samos un novo modelo “que permita unha vellez digna na propia casa”

Nunha visita á vivenda comunitaria de Samos xunto coa alcaldesa do BNG, Chus López, Rodil afirmou que o BNG no Goberno da Xunta "reforzará o SAF e reducirá as listas de agarda para a valoración da dependencia".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A cabeza de lista do BNG por Lugo, Olalla Rodil, visita a vivenda comunitaria do concello de Samos xunto coa alcaldesa do BNG, Chus López, e a número 3 da candidatura, Montse Valcárcel.

Olalla Rodil afirmou que “o modelo executado pola Xunta nos últimos 15 anos non fixo máis que empeorar a atención pública que reciben os nosos maiores, é a hora de dar un cambio á situación e apostar por un modelo que permita unha vellez digna na propia casa”.

Rodil afirmou que un goberno do BNG porá en marcha un novo modelo de atención ás persoas maiores no que se dará prioridade aos coidados na casa, co fin de garantir “unha vellez digna, tranquila e activa”. O modelo do BNG “fortalecerá e ampliará a rede de servizos públicos para potenciar a autonomía persoal e prever a dependencia dende os coidados, facendo das residencias o último recurso”, explicou a candidata.

ÚLTIMAS

Desfile de Comparsas de Chantada con sol e moito público

O Concello de Chantada celebraba este sábado 1u de febreiro pola tarde o Desfile...

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...