HomePolíticaAna Pontón comprométese en Monforte a rematar a autovía con Lugo e...

Ana Pontón comprométese en Monforte a rematar a autovía con Lugo e as conexións co Porto Seco

A candidata do BNG, que visitou a empresa CTGalega en Monforte, avanzou que unha das medidas do seu goberno para apoiar o desenvolvemento do interior do País e diversificar a súa economía será a posta en marcha do Ticket Rural, que consistirá en axudas de até 15.000 euros anuais durante cinco anos para emprendedores que aposten por asentarse por este territorio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Pontón estivo en Monforte acompañada da cabeza de lista por Lugo, Olalla Rodil, e o número dous da lista, Daniel Castro, que “viviron en primeira persoa as deficientes comunicacións que sofre o interior do País” e que a candidata á presidencia comprometeuse a mellorar se os galegos optan o 18F por un goberno de cambio liderado polo BNG.

A candidata nacionalista comprometeuse a impulsar e rematar durante a próxima lexislatura a conexión por autovía entre Monforte e Lugo, unha infraestrutura que considerou “clave” para o desenvolvemento económico e social. Avogou por darlle ao interior do Pais “máis oportunidades e máis futuro” aproveitando todo o seu potencial con políticas de discriminación positiva no que ten que ver coa mobilidade, as infraestruturas ou a atracción de novas empresas.

De aí que outro dos seus compromisos sexa, segundo avanzou, finalizar as conexións do Porto Seco de Monforte, “porque é unha auténtica vergoña que leve dez anos paralizado, sen que se instale nin un absoluta empresa”, asegurou, criticando o “desleixo” e o “abandono” desta infraestrutura por parte das administracións. “O porto seco ten que ser un espazo referencial para a instalación de novas empresas”, apuntou. Pontón destacou como un dos obxectivos prioritarios no executivo do BNG, que todas as cidades galegas estean conectadas con servizos que permitan ter unha mobilidade rápida e “suplir a carencia que ten Lugo”.

Viaxar de Lugo a Ourense, unha odisea

Rodil e Castro tomaron ás nove da mañá o tren que comunica Lugo con Monforte, dende onde tiñan previsto coller un autobús para poder chegar a Ourense, cidade na que comparecerían conxuntamente con Pontón e a candidata por Ourense, Noa Presas.

Sen embargo, unha avaría no tren provocou que chegaran cun retraso de dúas horas a Monforte, nun traxecto habitual de 50 minutos, o que ocasionou que perderan o enlace co autobús que tiñan previsto coller para chegar á comparecencia pública en Ourense. A solución que se lles ofreceu dende Renfe foi a de esperar 50 minutos máis para un traslado en autobús que os deixaría na capital das Burgas sobre as 12,35h.

“Para nós foi unha odisea, pero o peor foi toda a xente que viña con nós no tren que chegaba tarde ao seu traballo e nin sequera era a primeira vez que acontecía”, explicou Rodil. “Hoxe o que vivimos de primeira man foi o exemplo da falta de servizos e infraestruturas e a precariedade máis absoluta do que é o medio do século XXI, o tren, do que Lugo non pode quedar illado”, reivindicou nun vídeo compartido en redes sociais.

Rodil e Castro tren Monforte – Ourense / BNG

ÚLTIMAS

A Garda Civil investiga a un gandeiro de Chantada por suposto delito de malos tratos animais

Segundo informaron fontes da Comandancia, nunha inspección realizada por axentes da Garda Civil e...

20 persoas rematan formación no Obradoiro de Emprego de Monforte que pronto comezará unha nova edición

Os participantes no obradoiro levaron a cabo a rehabilitación e restauración das naves da...

A Vicepresidencia da Deputación ofrece 50.000€ anuais para o Matadoiro de Sarria

Na xuntanza, na que participaron o alcalde de Sarria, Claudio Garrido, a alcaldesa de...

Soños da compañía Arte Feito, este 21 de outubro no Multiusos de Monforte

Ás 20:15h terá lugar a posta en escena da obra para adultos Soños, da...