HomePolíticaO PP provincial destaca o apoio a persoas dependentes e "aposta por...

O PP provincial destaca o apoio a persoas dependentes e “aposta por ampliar o bono Coidado no fogar”

Raquel Arias, candidata da lista do PP pola provincia de Lugo ao Parlamento galego, destaca “os apoios impulsados polo Goberno do Partido Popular na Xunta de Galicia para contribuír á atención das persoas dependentes nos seus propios fogares”.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A popular, que visitou Pantón acompañada polo alcalde, José Luís Álvarez e o director xeral de Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, puxo en valor a implantación do Bono Coidado no Fogar, unha axuda directa para contribuír a sufragar gastos das persoas en situación de dependencia para que poidan ser atendidas no seu entorno.

Son un total de 5.000 euros ao ano os que achega a Xunta, o que supón 416 euros ao mes. De feito, neste mes de xaneiro “os beneficiarios xa cobraron a cantidade correspondente ao mes de decembro”. Na zona sur da provincia, nos concellos das comarcas de Quiroga, Lemos e Chantada son 381 as persoas beneficiarias.

O Partido Popular de Galicia asegura que traballa pola universalización dos coidados e que o Goberno galego está a avanzar nese sentido: xa deu os primeiros pasos coa ampliación e extensión do bono de coidado no fogar e o reforzo do bono para residencia, “O programa de goberno para os vindeiros catro anos recolle un incremento do bono coidado no fogar para dependentes menores de 25 anos con grandes necesidades”.

ÚLTIMAS

Xa se coñecen os gañadores do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebrou este sábado a súa xornada...

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...