HomePolíticaComesaña anuncia a reforma integral do centro de saúde de Ribas de...

Comesaña anuncia a reforma integral do centro de saúde de Ribas de Sil para a vindeira lexislatura

As actuacións no centro de saúde, incluídas na fase 2 do Plan de Infraestruturas de Atención Primaria, inclúen a redimensión dos espazos asistenciais, aseos e salas de estar para o persoal a aseos adaptados.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O candidato do PPdeG ao Parlamento de Galicia e conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, visitou o concello de Ribas do Sil xunto co portavoz do Partido Popular de Ribas de Sil, José Rodríguez; o deputado no Congreso, Francisco Conde, e varios membros do PP local para comprometer avances no proxecto de reforma do centro de saúde de San Clodio.

Julio García Comesaña confirmou que “a reforma do centro de saúde da localidade está incluída entre as actuacións da fase 2 do Plan de Infraestruturas Sanitarias de Atención Primaria da Xunta de Galicia” e que as actuacións suporán “unha reforma total: dende as fachadas, a cuberta, a carpintería exterior e interior e a pintura”.

Segundo apuntou Comesaña, as melloras permitirán corrixir os problemas de filtracións, mala ventilación e falta de accesibilidade das instalacións, que xa cumpren 35 anos. Tense en conta, ademais, que os espazos asistenciais son de dimensións reducidas; polo que se procederá a dimensionalos adecuadamente. Tamén está previsto crear novos espazos para o persoal -aseos e sala de estar-, así como aseos adaptados para os usuarios.

ÚLTIMAS

O Consorcio de Turismo Ribeira Sacra na Asociación de Ecoturismo en España (AEE)

A incorporación á AEE permitirá ao Consorcio sumar esforzos cunha rede estatal especializada en...

Os senadores populares denuncian “unha parálise de case 3 anos” na N-120

Os populares explican que “se ben é certo que o Executivo confirma que están...

Deloreans nas Festas de Nadal de Monforte

O rexedor acudiu ao concerto acompañado pola Tenente Alcalde, Gloria Prada; o Concelleiro de...

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...