InicioPolíticaCourel Vivo solicitará no pleno do 23 de febreiro un compromiso firme...

Courel Vivo solicitará no pleno do 23 de febreiro un compromiso firme da Xunta co Concello

"A veciñanza do Courel, vemos que unha vez tras outra engánannos con promesas baleiras. Por iso tódolos grupos do pleno debemos solicitarlle á nova Xunta de Galicia que faga cumprir e cumpra os prazos nas súas obras. Xa que ó non facelo, discrimina a toda a veciñanza e o sector empresarial do Courel", aseguran.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Courel Vivo presenta esta proposta cando aínda non se dabe quen vai gobernar os seguintes catro anos, “pero independentemente de quen sexa, deben cumprir co Courel”. Lembran que teñen sufrido contratempos que lles causaron dano e nos que “as administracións competentes non cumprían co Courel. Goberno e Xunta de Galicia brindaron ó aire cos lumes. Podemos falar de promesas rotas e servizos decadentes como a Residencia, Cobertura, Fibra Óptica polo chan, pero ímonos centrar nas estradas”.

No caso do derrube da estrada á altura de Sta Eufemia, prometíase comezar as obras o pasado ano e aínda non se licitaron, “Ou os tramos da LU-651, na primeira fase entre a Ferrería e Seoane que levan meses parados que só se activaron coa campaña electoral galega e que se están a facer de forma intermitente e con 2 anos de atraso”.

Para a segunda fase, entre Folgoso e Ferrería Vella, entre os puntos 21,6 e 29,7, asinouse agora o contrato para a redacción do proxecto. Pregúntanse se a Xunta pretende facer quilómetros cada 22 anos.

Courel Vivo solicita así que independentemente de quen goberne a Xunta, toménse os seguintes acordos:

  • Solicitarlle á nova Xunta de Galicia que cumpra e faga cumprir os prazos nas obras que licita.
  • Solicitarlle á nova Xunta de Galicia que faga un esforzo para rematar canto antes as 2 fases da Lu-651.
  • Solicitarlle a nova Xunta de Galicia que licite canto antes o novo trazado de Sta Eufemia.

ÚLTIMAS

31 da Feira do Viño de Vilachá na primeira fin de semana de maio

Esta edición manterá tamén outro dos cambios dos últimos anos: a creación de dous...

60 equipos inauguran a tempada de montaña en Taboada esta fin de semana

A nova directiva da Escudaría Taboada mantén o trazado orixinal da proba, na que...

Traballos preventivos en pistas e cortalumes do Distrito Forestal VIII Terra de Lemos

A Consellería do Medio Rural, a través da Dirección Xeral de Defensa do Monte,...

29.469€ para a rehabilitación do lavadoiro de Hospital no Incio

Esta actuación busca a integración dos elementos que conforman o patrimonio etnográfico, neste caso...