HomePolíticaEsperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción para traballar na...

Esperta Monforte leva ao pleno deste luns unha moción para traballar na elaboración do PXOM

Preguntarán tamén cantas peticións de vaos permanentes foron denegadas no casco histórico, e máis concretamente nas zonas peonís videovixiadas con cámaras.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte insiste na importancia de contar cun plan xeral para Monforte, a este respecto tódolos partidos levaban no seu programa das eleccións municipais, a realización de estudos para a súa elaboración.

Segundo Esperta Monforte, o equipo de goberno xa levaba no programa para as eleccións do 2019, comezar os estudos de cara á elaboración do PXOM e lamentan que non se teña feito nada en 9 anos, “levan 9 anos contestándonos que teñen outras prioridades, moitas das cales precisan de plans especiais que se están facendo e nada sabemos do inicio dos traballos para a elaboración do plan”.

Esperta Monforte tamén preguntará no pleno cando se arranxarán as pistas de tenis da Pinguela, “que están un estado lamentable a pesar do recente arranxo de 4 millóns de euros do pavillón”.

Preguntarán tamén sobre os problemas de iluminación e o exceso de velocidade no paso sorterrado da rúa Ánxel Fole. Queren coñecer se hai previsións de colocar sinais de velocidade e de iluminar o paso.

ÚLTIMAS

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela será de libre acceso tamén para o público xeral

A cafetería do Complexo Deportivo da Pinguela comezou xa a prestar servizo ás persoas...

A Deputación arranxará a LU-P-4707 que comunica Veneira con Roques na Pobra do Brollón

O representante do PSdeG, Adolfo Rubio, valora que a Deputación se reunise directamente coa...

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón volve apostar na súa programación de Nadal polo Mercado de...