HomePolíticaO alcalde de Láncara denuncia que a voceira do PP utilizou un...

O alcalde de Láncara denuncia que a voceira do PP utilizou un vehículo da Xunta “para facer oposición percorrendo o municipio”

Darío Piñeiro califica estes feitos, “de extrema gravidade polo uso totalmente irregular dos medios públicos da Administración autonómica, que son de todos e todas os cidadáns, para destinalos a fins partidista".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O alcalde de Láncara, o socialista Darío Piñeiro, denunciou que a voceira do Partido Popular no municipio, Olga Capón, utilizaba o 29 de febreiro un vehículo da Xunta de Galicia, no que ía de acompañante, “para percorrer o municipio e sacar fotografías dos puntos limpos da localidade, tratando de buscar algún tipo de motivo para criticar a xestión do Goberno local, e incluso denunciando a veciños do municipio”.

Piñeiro denunciou tamén que a voceira do PP dirixiuse durante o traxecto a un traballador municipal “para darlle ordes sobre o seu labor, algo que xa fixo noutras ocasións con outros operarios e mesmo empresas que traballan para o Concello, e que supón unha clara usurpación de funcións” do propio rexedor.

Estas actitudes “caciquís e antidemocráticas demostran a soberbia e a sensación de impunidade coa que actúan sempre os representantes do PP porque cren que a Xunta de Galicia é súa, e que poden facer o que queiran cos seus cartos e recursos”.

Os socialistas pregúntanse se a voceira do Partido Popular, que leva tempo de baixa médica, pode facer este tipo de desprazamentos e funcións, e tamén todos os que fixo durante a recente campaña electoral, includo presidir unha mesa electoral, onde tivo que permanecer 12 horas como mínimo. “Máis ben, cremos que debería denunciarse a si mesma”, aseguran.

ÚLTIMAS

Chantada vístese para o 25N, “Ante a violencia de xénero: non negues, non normalices, non xustifiques”

A concellaría de Igualdade do Concello de Chantada a través do CIM, Centro de...

Taboada acolle este 6 de novembro un túnel do viño co patrimonio vitivinícola da provincia

Taboada acollerá este venres -6 de novembro- unha xornada de divulgación da viticultura da...

Concerto de Violoncelo e clave no Centro Sociocultural de Sober

O Concello de Sober e as Xuventudes Musicais da localidade retoman este domingo o...

A Pobra do Brollón acolle un concerto que reivindica poetas vinculadas á montaña lucense

O cuarteto vocal Son de Corda volve á Pobra do Brollón cunha nova proposta,...