HomePolíticaEsperta Monforte demanda máis rutas de sendeirismo no municipio

Esperta Monforte demanda máis rutas de sendeirismo no municipio

Aseguran que "a capital da Ribeira Sacra só ten como rutas por sendeiros naturais, o roteiro que vai de Ribas Altas ao San Mateo, as outras son rutas de paso eminentemente urbanas, que transitan polo asfalto; o paseo de Monforte a Piñeira, a ruta realizada polos veciños do monte comunal de Distriz".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esperta Monforte presenta ao pleno deste mes unha moción para habilitar rutas de sendeirismo no municipio e lembran que o resto de concellos da Ribeira Sacra contan con numerosas rutas.

Lamentan desde Esperta que o concello non teña monitorizada ningunha ruta na contorna natural do miradoiro do Duque, Serra da Penela, o entorno do río Cabe ou A Cubela. Coa moción piden facer un estudo de rutas do municipio, acondicionalas e promocionalas nas redes sociais para a práctica do sendeirismo.

Esperta plantexa como prego que se quiten do vídeo promocional da Feira Medieval, as imaxes do castelo de Soutomaior e piden que se arranxe a fuga de auga no Colexio Novo que está afectando ao patio.

Preguntan polas horas de utilización dos campos de fútbol do Calasancio e saber exactamente a que se destinarán os, 600.000€ da partida de inversión de reposición de infraestruturas e bens, se a asfaltar ou cambiar tubaxes de abastecemento en mal estado.

ÚLTIMAS

Folión das fachas de Vilelos, unha tradición que se remonta aos castrexos

Asociación de Veciños de San Martiño de Vilelos organiza dende o ano 2008 a...

Monforte traballa na rexeneración do firme da rúa Vigo e pecha o punto limpo por melloras ata o 29 de setembro

Este mércores comezaron as obras de renovación do firme da rúa Vigo, no Casar,...

A Deputación cederá a Casona do Incio e unha parcela na Maiorga, en Pantón, aos respectivos concellos

Ambas decisións responden ás peticións que os respectivos alcaldes lle fixeron á presidenta da...

O BNG de Monforte entrega as primeiras alegacións recollidas contra o proxecto da nova ponte do Malecón

O BNG de Monforte vén de presentar no concello unha primeira remesa das alegacións...