HomePolíticaQue a Muiñeira de Chantada sexa declarada BIC, pide o PSOE local

Que a Muiñeira de Chantada sexa declarada BIC, pide o PSOE local

O PSdeG-PSOE de Chantada presenta unha moción no vindeiro pleno municipal na que piden ó equipo de goberno que inicie os trámites perante a Xunta de Galicia para que a Muiñeira de Chantada sexa declarada Ben de Interese Cultural Inmaterial.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Explican os socialistas que a Muiñeira de Chantada é a obra musical que mellor identifica a Galicia e mesmo se podería calificar coma “himno non oficial do país”. A obra fórona adaptando distintos artistas ós seus estilos e épocas, dende xéneros clásicos ata a electrónica ou o rap; demostrando a súa versatilidade.

“Esta peza é un símbolo representativo e identificativo para o pobo galego e do que os chantadinos e chantadinas nos sentimos especialmente orgullosos. Leva o nome de Chantada alén das nosas fronteiras, a música coa que rematamos todas as festas ou incluso eventos deportivos; e que tarareamos en calquera lugar”, afirman os socialistas.

Con todo, consideran que o valor da muiñeira é non só musical, se non tamén cultural e antropolóxico, polo que pedirán no pleno que se inicen os trámites para solicitar o recoñecemento desta peza como Ben de Interese Cultural Inmaterial.

Na moción, dende o PSOE de Chantada piden tamén que como forma de posta en valor da Muiñeira de Chantada, dende o Concello se promovan actividades parellas, “como un festival anual de baile e música tradicional galega na honra da nosa muiñeira; de maneira que Chantada se convirta na capital desta composición musical tradicional e danza senlleira da nosa cultura”

ÚLTIMAS

Ribeira Sacra e Mariña, os destinos máis demandados no programa ‘Coñece a túa provincia’

O programa Coñece a túa provincia, que impulsou a Deputación de Lugo hai seis...

‘A Galeguiña’, da marca monfortina Gemma & Naza Cheesecakes, mellor Torta de Queixo de Galicia 2026

A torta premiada, bautizada como "A Galeguiña", nace cunha idea moi clara: render homenaxe...

Educación ambiental e baloncesto co proxecto ‘Ningún Aro Sen Rede’

De Lugo a Escairón, pasando por Monforte de Lemos e Antas de Ulla. A...

Folgoso do Courel homanexeu a súa castaña

A celebración é un importante punto de encontro para veciños e visitantes, cunha gran...