HomePolíticaA Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

“O que acontece no Courel é un exemplo máis do desinterese da Xunta polo noso rural. Un rural ao que non lles importa deixar illado cando se afunde unha estrada, un rural que non coñece ou despreza, como vemos que queren facer ao situala como lugar no que depositar os cascallos da obra”, lamenta a voceira socialista, Pilar García Porto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e rematar “canto antes” as obras de reconstrución da estrada autonómica LU-651, a principal estrada de Folgoso do Courel, derrubada hai xa dous anos. Pide un plan de preservación e posta en valor do patrimonio das minas de antimonio de Santa Eufemia. Unha proposta que fixo o Grupo Provincial socialista que foi aprobada grazas aos votos do PSdeG e do BNG, e en contra do PP.

García Porto, denuncia que “a lentitude e a falta de planificación da Xunta de Galicia” está demorando a solución dos problemas xerados polo afundimento en marzo de 2022 dunha parte desta estrada. “O desinterese da Xunta foi evidente dende o primeiro momento, vistos os xenerosos prazos de execución que a daquela Conselleira de Infraestruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, se concedía a si mesma, mentres lle reclamaba axilidade a outras administracións para resolver cuestións de mobilidade moito máis complexas”.

“Non lles chegaba con manter á poboación illada, senón que querían aproveitar as obras da LU-651 para arrasar parte do patrimonio industrial, cultural e arqueolóxico da provincia, porque contemplan utilizar como escombreira da obra as antigas minas de antimonio de Santa Eufemia, que deixaron de estar en explotación a mediados do século XX”.  Indicou que a mina aínda ten galerías, fornos de cal ou vagonetas, “e posiblemente poboacións de morcegos, ademais dun alto valor xeolóxico ao estar nas estribacións do Xeoparque do Courel”.

ÚLTIMAS

Xanela, empresa de telecomunicacións de Chantada, superou os 16.000 clientes de fibra rural no 2025

A empresa de telecomunicacións Xanela, con sede en Chantada, vén de adiantar datos económicos...

O IES A Pinguela estrea Aula Tech Beauty despois do Nadal

As obras de adaptación dos espazos e a instalación do equipamento tecnolóxico previsto xa...

A Casa da Cultura de Chantada acolle a exposición dos traballos do Programa de Pintura

A Casa da Cultura de Chantada acolle ata o 12 de xaneiro de 2026...

Teatro en Monforte o 26 e 30 de decembro

O ciclo de citas teatrais comezou o día 23, con “Nadal en prácticas”, da...