HomePolíticaA Deputación Provincial reclama máis investimentos en servizos ferroviarios e a creación...

A Deputación Provincial reclama máis investimentos en servizos ferroviarios e a creación dun ente ferroviario público

O BNG sacou adiante no pleno provincial unha moción na que reclama ao goberno Estado axilizar e incrementar os investimentos nas infraestruturas e servizos ferroviarios da provincia, para ofrecer unha alternativa de transporte realmente útil para a cidadanía.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A proposta, aprobada cos votos do goberno provincial, sinala as prioridades da provincia: axilizar a electrificación das conexións Lugo-Ourense e Lugo-A Coruña, remodelar a liña do antigo FEVE (Ferrol-Ribadeo) e iniciar os estudos da variante Curtis-Ordes para unir Lugo con Compostela, e insta á Xunta de Galiza a reclamar as competencias ferroviarias, recoñecidas no Estatuto, para crear un ente público de xestión ferroviaria.

“A cidade e a provincia de Lugo teñen que deixar de estar marxinadas en materia de infraestruturas ferroviarias. É preciso poñer a Lugo no mapa e comunicar á nosa veciñanza”, reclamou a deputada, Iria Castro, que lembrou a última perda de servizos que afronta a provincia, coa suspensión da conexión diurna entre Monforte e Lugo.

A deputada provincial reprobou a posicion do Partido Popular que se opuxo á proposta e “bota balóns fóra, eludindo reclamar a xestión das competencias ferroviarias”.

A Deputación tamén aprobou por unanimidade unha moción dos socialistas para instar á Xunta de Galicia a executar a obra do desdobramento da totalidade do trazado do corredor Nadela-Sarria-Monforte. O vicepresidente da Deputación e deputado provincial, Efrén Castro, reclamou ao goberno galego que concrete “uns prazos razoables para a execución das obras no corredor”, que conta cun total de 54 quilómetros.

ÚLTIMAS

O 5 de novembro Monforte inicia campaña para a mellora de xestión de residuos

O Concello de Monforte inicia esta semana unha campaña informativa entre a cidadanía de...

Os polos de emprendemento da provincia recibirán 650.000€ da Xunta o vindeiro ano

Os polos de emprendemento da provincia atenderon desde a súa posta en funcionamento, hai...

Alumnado dos Escolapios de Monforte visita a Casa Consistorial

Os escolares tiveron a oportunidade de coñecer as instalacións municipais e o Salón de...

A Biblioteca Pública Municipal de Chantada conecta co alumnado e a infancia

Ademais das sesións de contacontos, as instalacións da Biblioteca son visitadas habitualmente polo alumnado...