HomePolíticaTaboada aproba en pleno unha moción do BNG que rexeita o proxecto...

Taboada aproba en pleno unha moción do BNG que rexeita o proxecto de Altri en Palas de Rei

O tenente de alcalde e voceiro do BNG, José Portela, reiterou a intención da súa formación política de apoiar a presentación de alegacións e as posibles convocatorias de mobilizacións en contra da instalación na veciña comarca da macrofactoría de Altri, tal como fixo público nun comunicado o pasado 26 de marzo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Pleno do Concello de Taboada vén de aprobar unha moción do BNG na que expresa o seu rexeitamento ao proxecto anunciado por Altri para construír unha celulosa en Palas de Rei. O concello de Taboada comprométese tamén a asesorar á veciñanza na presentación de alegacións, así como a dirixirse á Xunta de Galicia para que faga o posible para que o proxecto non saia adiante “dadas as súas consecuencias negativas para as comarcas próximas”.

Lembran desde o BNG que, “non será a anunciada fábrica de fibras textís se non unha pasteira de celulosa que afectará aos recursos hídricos ao medio natural, á actividade agrogandeira e a un ben patrimonial como o Camiño de Santiago (Camiño Francés, Camiño de Inverno, …)”.

Acusan ao Partido Popular de “mentir” e de querer converter a comarca da Ulloa nun lugar onde non se poida vivir a cambio “duns supostos 250 postos de traballo”. “Igual que aconteceu hai 60 anos co encoro de Belesar, non podemos consentir que de novo unha iniciativa industrial saia adiante sen asegurar que repercuta positivamente no noso territorio”, sostivo José Portela, que cuestionou tamén o carácter estratéxico do proxecto lembrando “que se trata dunha industria de enclave, unha pasteira de grandes dimensións que non vai pechar ningún ciclo en Galiza e que levará a pasta a outros países para transformala en fibra téxtil”.

ÚLTIMAS

Un kiosko municipal no Malecón de Monforte para dar continuidade ao bar Anchoas

Segundo os nacionalistas o Bar Anchoas é moito máis ca un simple establecemento, "forma...

A Confederación Miño-Sil recorre unha sanción da Xunta pola morte de 40 peixes en Monforte

A Confederación Hidrográfica do Miño-Sil (CHMS) comunicou que recibiu da xefatura Territorial da Consellería de Medio...

Avanzan as colaboracións para o mantemento do matadoiro municipal de Sarria

A conselleira María José Gómez, reuniuse este xoves na sede da Delegación da Xunta...

Atopan un ciclista falecido en Monforte

Un ciclista ao que buscaban desde este xoves apareceu falecido nunha pista forestal do...